Domingo 2 de Coresma - ciclo A
DOMINGO II DE
CORESMA - CICLO A
Primeira Lectura Xen 12, 1-4a
LECTURA DO LIBRO DA XÉNESE
Vocación de Abrahán, pai do pobo
de Deus
Naqueles días, o Señor díxolle a Abram:
Sae da túa terra e da túa patria e do teu
clan para a terra que eu che mostrarei.
Eu
farei de ti un pobo grande, bendicireite e dareiche un nome con sona, que será
exemplo de bendición.
Bendicirei
a quen te bendiga, maldicirei a quen te maldiga. Os pobos todos da terra
chamaranse benditos no teu nome.
Abram saíu, conforme lle dixera o Señor.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 32, 4-5. 18-19. 20 e 22
R/. (22): Veña a nós, Señor, a
túa misericordia, como de ti o esperamos.
A palabra do Señor é recta
e todas as súas obras son leais:
el ama o dereito e a xustiza,
a súa misericordia enche a terra.
Os ollos do Señor están postos
nos que o temen,
nos que esperan na súa
misericordia,
para liberar las súas vidas da
morte,
para os manter no tempo da
miseria.
Nós agardamos lo Señor:
El é o noso socorro, o noso
escudo.
Veña a nós, Señor, a túa
misericordia,
como de ti o esperamos.
Segunda Lectura 2 Tim 1, 8b-10
LECTURA DA SEGUNDA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO A TIMOTEO
Deus chámanos e ilumínanos
Benquerido
irmán:
Comparte
comigo os sufrimentos polo Evanxeo, contando co poder de Deus. El santificounos
e chamounos a unha vocación santa, non polas nosas obras, senón polo seu
designio e pola graza que nos deu en Cristo Xesús antes de todos os tempos, e
que se manifestou agora pola aparición do noso Salvador, Cristo Xesús.
El
destruíu a morte e alumou a vida e a inmortalidade por medio do Evanxeo.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
VERSÍCULO
Oíuse a voz do Pai, que dicía
desde a resplandecente nube:
Este é o meu Fillo benquerido:
escoitádeo.
Evanxeo Mt 17, 1-9
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
O seu rostro resplandecía coma o
sol
Naquel
tempo, levou Xesús consigo a Pedro, a Santiago e a Xoán seu irmán, e subiu con
eles sós a un monte alto.
Alí
transfigurouse diante deles; o seu rostro resplandecía coma o sol; e os seus
vestidos viraron brancos coma a luz.
Nisto
aparecéuselles Moisés e tamén Elías, que estaban falando con el.
Pedro
colleu a palabra e díxolle a Xesús:
‑
Señor, que bo sería ficarmos aquí! Queres que faga aquí tres tendas, unha para
ti, outra para Moisés e outra para Elías?
Aínda
el estaba falando, cando apareceu unha nube luminosa que os cubriu; e oíuse
unha voz que dende a nube dicía:
‑
Este é o meu Fillo benquerido, o que me comprace; escoitádeo.
Ó
escoitaren isto, os discípulos caeron debruzados, cheos de temor. Xesús,
achegándose, tocounos e díxolles:
‑
Erguédevos, non teñades medo!
Levantando
os ollos, non viron a ninguén fóra de Xesús.
Cando
baixaban do monte, Xesús encargoulles:
‑
Non lle faledes desta visión a ninguén, ata que o Fillo do Home resucite de
entre os mortos.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
MENOS MIRAR PARA O CEO E MÁIS PARA O IRMÁN E A IRMÁ
2º
Coresma – A - 2014
TOMADO DE : http://remoldapalabra.blogspot.com.es/
Poñemos
a segunda pedra por riba do altar, lembrándonos de que no proceso de conversión
ao que nos invita a coresma, temos que ir dando paso ao corazón que acolle
e acompaña no canto do corazón duro e frío.
ESCOITA
ACTIVA
Probablemente o
medo a correr riscos é o que máis nos paraliza no seguimento de Cristo. Temos
medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade
ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando
deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar planeamentos
novidosos. Temos medo a revisar
liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada.
Temos medo a falar de dereitos humanos, a recoñecer o papel da muller dentro da
Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia..... E, aínda que se
di que o medo garda a viña, temos que recoñecer que o de seu da viña non é
gardala, senón que dea froito abundante.
Segundo o relato
evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase
e dilles –dinos-: Erguédevos, non teñades medo. Porque só o
contacto vivo con Cristo nos pode liberar dos pesadelos e do medo.
Que a celebración
deste segundo domingo da coresma nos axude a, como lle ocorreu a Abrahán,
quitar a pedra do medo do noso corazón para que poida agromar a confianza que
no Señor e nos irmáns.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
Por
non prestar atención á chamada na que nos invitas a deixar atrás o corazón de
pedra, SEÑOR, ACOLLE A NOSA CONVERSIÓN.
Por pechar ollos e o
corazón aos problemas e necesidades dos que nos tenden a man pedindo
axuda, CRISTO, ACOLLE A NOSA CONVERSIÓN.
Por non ser capaces de
facer deste tempo de coresma unha experiencia que nos renove e nos faga
mellores persoas, SEÑOR, ACOLLE A NOSA CONVERSIÓN.
PALABRA ENRAIZADA
Abrahán é chamado
para desenvolver unha misión. E a pesares de que non era novo, de que obedecer
cambiaba a súa vida e lle esixía esforzo, di si e ponse en camiño. Nesta
actitude podemos resumir o que quere ser en toda a Igrexa para os cristiáns
este tempo de coresma: responder á invitación de ser sinceros e realistas con
nós mesmos e poñernos tamén en camiño. Esta nova pedra que hoxe poñemos por
riba do altar quere lembrarnos que inda temos moito que cambiar, que o esforzo
por facer é grande e que, se queremos tomar en serio a relación entre a nosa
vida e a nosa fe, necesitamos romper coa pasividade na que moitas veces temos
vivido e celebrado esta experiencia coresmal. Coresma é cambio, renovación,
transformación … todo menos costume ou pasividade. Deus, como fixo con Abrahán,
segue a chamarnos e a ofrecernos unha meta. De nós, con liberdade e sen
coaccións, depende que lle digamos si ou non. Se estamos convencidos de que
debemos acoller, e como tal levar á vida as consecuencias desta resposta,
sentiremos a frescura e o gozo da súa misericordia. Se, pola contra, lle damos
as costas á súa chamada, seguiremos camiñando en ermo e baleiro.
Como o camiño a
realizar é longo e moitas veces pouco doado, non podemos facelo en solitario,
se non queremos caer no risco de trabucalo ou de non perdernos. Por iso Deus
mesmo ofrécenos as lumieiras que, en forma de amigos, testemuños, mestres … van
mostrándonos que a luz de Deus pode irradiar -se queremos-, tamén a nosa vida.
El, aínda que sempre respecta a nosa petición, nin quere nin deixa que nos
perdamos; por iso constantemente nos vai mostrando a forza da súa iluminación e
acompañamento nas experiencias antes nomeadas. El chama. Nós somos invitados a
responder. Non esperemos moito en dar a resposta, non vaia ser que logo teñamos
moito camiño que desandar por mor da nosa tardanza e da nosa equivocación ao
non coller o enderezo correcto.
En Xesús sempre
atopamos, se non nos achegamos a El con predisposición a facerlle dicir o que
queremos ou o nos supón menos esforzo e máis comodidade, a referencia
fundamental para seguir cara adiante, para caer na conta de que necesitamos
cambiar, de que non podemos deixarnos ir con rutinas e costumes, de que as
cousas importantes supoñen sempre traballo e convértense en tarefa permanente
para nós. Nin podemos mirar para outra parte cando se nos pide implicación nin
tampouco debemos deixar que o tempo pase sen máis, como se iso supuxera que as
cousas cambian e melloran de por si. Non. Cada pequeno paso que damos para
deixar atrás intolerancia, soberbia, egoísmo, inxustiza, corrupción … supón
moito esforzo, xa que todos tendemos sempre ao que nos resulta máis
fácil e non nos compromete. E aquí está o sentido da coresma: axudarnos a tomar
conciencia de que as cousas se queremos que cambien en nós, temos que
plantarlle cara e buscar darlle solución, porque se non o facemos así, baleira
é a nosa vida e perda de tempo, ou entretemento, sería a nosa fe. Cara Cristo e
desde Cristo orientase a vida e aséntase a fe. Dicimos que el é plenitude e
meta. A pascua é un adianto do que un día, no seu momento, será, e para sempre
esta plenitude. Camiñemos, daquela, con gozo e transformación interior cara
ela... pero non esquezamos que toda esta transformación interior ten logo que
mostrarse no que facemos no día a día da vida: non calar cando vemos inxustiza,
saber dicir -sen molestar pero con sinceridade-, que non queremos políticos corruptos,
economistas que nos enganan, bispos e curas que utilizan o seu ministerio para
vivir a conta dos demais, e non para transmitir a Cristo...E sempre sabendo que
é nos pobres e necesitados onde verdadeiramente se nos manifesta Cristo e desde
onde nos pide que fagamos da coresma un tempo de gozo e vida nova.
FRATERNIDADE ORANTE
Buscando responder a
esta chamada que Deus nos fai sempre, pero especialmente neste tempo de
coresma, recemos xuntos dicindo:
QUE CAMBIEMOS
ACTITUDES E COMPORTAMENTOS
Para que en toda a
Igrexa descubramos que a coresma esíxenos dar froitos de cambio de actitudes e
comportamentos en relación con nós mesmos, cos irmáns e con Deus; non podendo
reducila a deixar de comer carne como se fose unha cuestión dietética, OREMOS.
QUE CAMBIEMOS
ACTITUDES E COMPORTAMENTOS
Para que este tempo de
coresma nos axude a achegarnos aos veciños, amigos ou familiares cos que temos
relacións tensas ou de enfrontamento, para buscar de cambialas e convertelas en
perdón e misericordia, OREMOS.
QUE CAMBIEMOS
ACTITUDES E COMPORTAMENTOS
Para que nós
persoalmente nos esforcemos para que esta coresma nos vaia transformando e
facendo mellores persoas, deixando que as palabras de Xesús nos axuden a
converter a nosa vida nunha experiencia de cambio e renovación, OREMOS.
QUE CAMBIEMOS
ACTITUDES E COMPORTAMENTOS
Señor,
que, como Abrahán e Paulo, tamén nós saibamos responder á túa
chamada, acolléndoa e facendo dela forza e esperanza na vida de cada
día. P.X.N.S. Amén.
MIRADA DE ESPERANZA
Ti, que sobes e acendes a montaña, invítanos a
seguirte.
O aire que respiramos está contaminado pola
mentira, o engano,
a corrupción, o abuso dos máis débiles…
Ti, que fixeches da túa vida espello da
presenza do Pai,
acompáñanos para que non fagamos da oración nin
ermo nin baleiro,
senón experiencia de encontro e acollida.
Ti, que brillas coma o sol,
dános azos para que saibamos afrontar
a loita contra as tebras,
que moitas veces crecen no noso corazón.
Ti, que non pasas de largo diante do necesitado,
axúdanos a tomar conciencia de que non podemos
pasar sen mirar para os lados,
e recoñecer a tantas persoas caídas que nos
tenden a man porque
esperan de nós acollida, tempo e disposición...
para ser a súa voz, a voz dos que non lles deixan
ser voz.
Ti que non quixeches que se puxeran tendas no Tabor,
espértanos do soño de crer
que podemos encher o mundo de tendas e Tabores
que nos fagan esquecer
que temos que poñer os pés no chan
para ser os ollos, as mans, a palabra e o corazón
dos irmáns cuxa dignidade é, cada día, esmagada polos
poderosos.
A partir dunha idea do texto de Cáritas para
a Coresma, p.52/53)
CANTO GOZOSO
ENTRADA:
Arrepentido
LECTURAS:
Non vou so
OFERTORIO:
Cando me
colle a noite no camiño
COMUÑÓN:
Seguirei os teus pasos
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario