Foise, e lavouse, e volveu vendo - Xn 9, 1.41

Domingo 4 de Coresma - ciclo A



ALGUÉN VÉN 

Sen telo chamado,
sen nin sequera pensar nel,
sen saber moi ben quen é,
sen ter ollos para velo ...
alguén vén, pasa xunto a nós, 
fixase e senta ao noso lado
para estar connosco, coas persoas.


Alguén vén,
e ten tantas cousas que cambiar
dentro de nós e no noso contorno ...
Non vén para que todo siga igual, 
tampouco para facer silencio ao noso lado.
Vén porque é posible ser doutro xeito,
ter vista e vida, erguerse e camiñar,
ser persoas novas, deixar a cegueira
e dar testemuño do Reino
acollendo as súas sementes.

Alguén vén,
diríxenos a súa palabra,
una palabra que comprendemos porque é clara,
porque afecta ás nosas miserias,
porque sanda vellas feridas
e desfai tantos insoportables esforzos e montaxes…
Vén desde a proximidade de Deus
a atoparse connosco e abrirnos os ollos
para que coñezamos o seu rostro
e nunca máis teñamos medo.
Vén e só nos pide lavarnos,
crer nel e cambiar de bando,
para ter o que máis desexamos.






Comentarios

Publicacións populares