Non andedes desacougados polo mañá - Mt 6, 24-34

Domingo 8 Tpo. Ordinario - ciclo A


O SAPIÑO E MÁIS EU

Grazas, Pai,
por este día de traballo meu.
Grazas tamén
por todos os que hoxe traballaron
para facer humano e xusto
o noso mundo.

Grazas por esta terriña
que nos devolveu con abundancia
o froito que puxemos no seu seo.

Grazas pola xente
que tratei hoxe.
A xente, Pai,
a xente é o máis bonito.
Grazas pola xente.
Grazas porque non hai un entre
que non queira vivir con dignidade,                                                                   ser respectado e amado.
Grazas por esta fonte de revolución permanente                                           que todos levamos dentro:
o sapiño e máis eus,
o labrego que traballa a terra,
e o paxaro que voa no ceo,
o mariñeiro que loita no mar
e o obreiro que se afana na empresa.



Comentarios

Publicacións populares