Día da Muller Traballadora
Hoxe, Día da Muller Traballadora (como se non traballásemos o resto do ano) é o momento de lembrar ás mulleres que abriron camiño, no noso caso podemos lembrar con orgullo a figura como muller e crente a nosa Concepción Arenal. Aprendeu leis vestida de home e escribiu tamén con seudónimo para poder aprender e manifestar as súas ideas e mellorar a vida dos presos, o seu valor e corazón foron finalmente recoñecidos... e actualmente bastante esquecidos.
Aproveitemos paa recuperar a súa figura e a de tantas mulleres que traballan e melloran o mundo desde a penumbra.
Ilustración de : Leandro lamas
--------------------------------
Á beira
8 de marzo
MAMEN HERNÁNDEZ, currocorre@yahoo.es
MADRID.
Hoxe, como tantos días, as mulleres alzamos a
voz reclamando un espazo que por xustiza nos pertence. Durante toda a semana
deixaremos o anonimato, incluirásenos en cálculos e censos, sumaremos, terásenos
en conta, farannos visibles; os nosos logros, as nosas conquistas, as nosas
batallas serán obxecto de reflexión e informes, sacarase á luz os dereitos que
se nos negan, as oportunidades das que somos privadas, a equidade pola que
loitamos.
Debería de encher de rubor que no século XXI,
teñamos que seguir fomentando accións que combatan a discriminación cuxo orixe
radica no simple feito de nacer mulleres, que sexamos noticia por reclamar o
mesmo salario, o acceso a empregos en condicións dignas, a aplicación de
proteccións de acordo a certas responsabilidades; en definitiva, que se nos
sinale por reivindicar a plena igualdade, un dereito inherente, un principio
que nunca tivo que cuestionarse. Queremos estar á beira, non debaixo nin
encima, senón á mesma altura que calquera outro ser humano.
Hoxe, como tantos días, sinto que en min viven
miles de mulleres, mulleres de terra, de choiva, de aceiro; mulleres que
cuestionan, que vacilan, que comezan; mulleres asilo, mastro, compás; mulleres
que son pan, que son paz, mulleres estada (andamio) que constrúen o futuro, sen
medo, valentes; mulleres que afastan da súa boca estereotipos, mulleres
memoria.
E a Palabra vai por diante, mostrando o camiño
a quen non ve, abrindo a escoitala ao que fai oídos xordos, despegando os beizos
de quen cala:
«Xa non hai xudeu nin grego, escravo nin libre, home nin muller, senón que todos vós sodes un só en Cristo Xesús» Gálatas 3, 28.
«Xa non hai xudeu nin grego, escravo nin libre, home nin muller, senón que todos vós sodes un só en Cristo Xesús» Gálatas 3, 28.
(Eclesalia Informativo autoriza
e recomenda a difusión dos seus artigos,
indicando a súa procedencia).
Probablemente hoxe sexa o día de comezar a profundizar sobre o papel da muller na Igrexa e a Teoloxía da muller, a chamada "feminista", sen desconfianza, con esperanza e sen medo, se temos realmente clara a igualdade da muller no noso mundo actual, non debemos deixar de escoitar a visión de Deus desde as mulleres, abramos mentes e corazóns...
Comentarios
Publicar un comentario