5 ene. 2014

Viñemos de Oriente adora-lo Rei - Mt 2, 1-12

Epifanía do Señor - ciclo A


PORQUE VÍMOS A TÚA ESTRELA

Porque vimos a túa estrela,
viñemos, Deus, adorarte.

Sabedoría dos magos
que buscan por atoparte
en texto e pobo inspirado.

Porque vimos o teu Fillo,
viñemos, Deus, adorarte.

Sabedoría do crente
que en Xesús te recoñece
tan pobre e crucificado.

Porque vimos a túa graza,
viñemos, Deus, adorarte.

Sabedoría da Igrexa,
gozosa na Epifanía,
polo don a todos dado.

Porque vimos a túa gloria,
viñemos, Deus, adorarte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario