12 ene. 2014

O Señor ha bendicir o seu pobo coa paz - Salmo 28

Bautismo do Señor - ciclo A


PORQUE, SEÑOR, EU VINTE

Porque, Señor, eu vinte e
quero volverte ver, quero crer.
Vinte, si, cando era neno
e en auga me bauticei,
limpo de culpa vella,
sen veos púidente ver.
Quero crer.

Limpa os meus ollos cansos,
cegados do sen ver,
lastra de chumbo as miñas pálpebras
e escurécemos ben.
Quero crer.

Xa todo é sombra e esquecemento
e abandono do meu ser.
Ponme a venda nos ollos.
Ponme as túas mans tamén.
Quero crer.

Ti que puxeches nas flores
orballo e debaixo mel
filtra nas miñas secas pupilas
dúas pingas frescas de fe.
Quero crer.

Porque, Señor, eu vinte
e quero volverte ver,
creo en ti e quero crer.
          
                                   Gerardo Diego

No hay comentarios:

Publicar un comentario