Bautismo do Señor
O BAUTISMO DO
SEÑOR
Primeira Lectura Is 42, 1-4. 6-7
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Velaquí o meu servo en quen eu me
comprazo
Isto
di o Señor:
Velaí
o meu servo, a quen teño collido da man;
velaí o meu escollido no que eu
me comprazo.
Teño
posto sobre el o meu espírito:
ditaralles sentencia xusta ás
nacións.
Non
berrará,
non levantará a súa voz nin a
fará oír nas rúas.
Canivela
fendida non a romperá,
e torcida esmorecente non a
apagará.
Con
fidelidade proclamará a xustiza,
non desfalecerá nin crebará
ata establecer na terra a
xustiza,
e a súa lei, que esperan as
nacións.
Eu,
o Señor, chameite por causa da xustiza, collinte pola man e protexinte,
e convertinte en Alianza dun pobo
e en luz das nacións,
para que lles abras os ollos aos cegos,
para que libres do cárcere aos presos,
da prisión aos que viven na
escuridade.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 28, 1a e 2. 3ac-4. 3b e 9b-10
R/. (11b): O Señor ha bendicir
o seu pobo coa paz.
Tributádelle ao Señor, fillos de
Deus,
tributádelle ao Señor gloria do
seu nome,
adorade o Señor no seu atrio
sagrado.
A voz do Señor sobre as augas,
o Señor sobre as augas copiosas.
A voz do Señor é poderosa,
a voz do Señor é maxestosa.
O Deus glorioso fai tronar.
No seu santuario todo di: Gloria!
O Señor sentou sobre as augas,
o Señor senta como rei eterno.
Segunda Lectura Feit 10, 34-38
LECTURA DO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Unxiuno Deus co Espírito Santo
Naqueles
días, tomou Pedro a palabra e dixo:
‑
Abofé, vexo que Deus non fai distinción de persoas, senón que acepta a quen lle
é fiel e practica a xustiza, sexa da nación que sexa.
El
mandoulles a súa palabra aos fillos de Israel, anunciándolles a Boa Nova da paz
por Xesús Cristo: este é o Señor de todos.
Vós
sabedes o que pasou en toda a Xudea, comezando desde Galilea, despois do
bautismo que Xoán predicou: como Deus unxiu con Espírito Santo e con poder a
Xesús de Nazaré, que pasou facendo o ben e curando a todos os que estaban asoballados por Satán; pois Deus
estaba con el.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Cf. Mc 9, 6
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
Abríronse os ceos e tronou a voz
do Pai:
Este é o meu Fillo predilecto;
escoitádeo.
Aleluia.
Evanxeo
CICLO A: Mt 3, 13-17
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Bautizado Xesús, viu o Espírito
de Deus que descendía sobre del
Naquel
tempo veu Xesús desde Galilea ao Xordán para que Xoán o bautizase. Xoán trataba
de impedilo dicindo:
‑
Como vés ti onda min, se es ti quen me tes que bautizar a min?
Xesús
respondeulle:
‑
Deixa agora, pois convén que cumpramos a vontade de Deus.
Xoán
accedeu.
Axiña
que foi bautizado, Xesús saíu da auga. E velaí que se abriron os ceos, e viu o
Espírito de Deus baixar coma unha pomba ata se pousar enriba del. E oíuse desde
o ceo unha voz que dicía:
‑
Este é o meu fillo benquerido, o predilecto.
Palabra do Señor R/.
Loámoste, Cristo
BAUTISMO
SEÑOR - A 2014
PÓRTICO
Xa chega ao final o tempo de Nadal.
E máis alá da contaminación consumista que leva ao gasto, moitas veces
desmesurado e innecesario, para os cristiáns foi un tempo de graza, de vida, de
renovación: Deus, o Salvador, asume a nosa condición humana, quere camiñar á
nosa beira sufrindo e gozando con nós. Non quixo quedarse á marxe, senón ser un
máis. El é o que sempre está aí. Por iso nin o consumismo, nin a alegría
superficial, nin o divertirse por decreto, porque o fan todos, porque toca,
conseguirán apagar o gran anuncio da salvación: Deus xa está entre nós.
Hoxe a celebración quere ser unha
invitación a que lembremos que un día fomos acollidos no seo dunha comunidade
para sentir a ledicia de ser e chamarnos seguidores de quen pasou polo mundo
facendo o ben. Porque esa foi a súa invitación, reunímonos hoxe para compartir
a calor agarimosa dos que nos sentimos necesitados de encontramos para
comparti-la fe a encher a nosa vida de novas forzas.
PERDÓN:
(Aspersión)
* Para que a auga do bautismo nos
limpe de canto nos fai infelices,
SEÑOR PERDOA
A NOSA INDIFERENZA.
* Para que o óleo do bautismo
reafirme o noso sentírmonos irmán se irmás,
CRISTO,
PERDOA A NOSA INDIFERENZA.
*
Para que a luz do cirio pascual sexa a que ilumine o camiño da nosa vida,
SEÑOR, PERDOA A NOSA
INDIFERENZA.
REMUÍÑO
A auga do bautismo introdúcenos
nunha nova xeira: a xeira do amor, a xustiza e a paz. A xeira do Reino. Un
Reino que se converte en tarefa e compromiso, e que é froito da decisión que un
día tomaron por nós, e que logo persoalmente ternos reafirmado, e desde onde
somos invitados; mellor, urxidos, a poñer corazón e mans para que poida irse
facendo. Por iso, tamén coma co Señor ternos que dicir: "chameite con
xustiza para que abras os ollos aos cegos, saques da prisión aos cativos e do
cárcere aos que viven nas tebras".
Porque o bautismo nos abre a unha
nova xeira, ninguén debe quedar á marxe. Todos estamos chamados a responder
desde o novo horizonte que Xesús sementou, e de cuxa semente nós ternos que ir
dando froitos: "sen facer distincións". Fronte da tentación de
distinguir, separar, apartar, facer a uns máis e a outros menos ... El viu trae-la
paz, a facer o ben, a curar aos oprimidos. Neste mundo no que os ricos son cada
vez máis ricos, e os pobres cada vez máis empobrecidos, non nos queda máis
remedio que deixar a un lado as escusas e pomos a traballar. Porque inda que a
cousas empezou en Galilea, agora continúa, está a continuar aquí.
E a auga, non só símbolo, senón
tamén forza e purificación, ten que ser para nós o medio polo que limpemos
corazóns, reguemos esperanzas e ilusións, alentemos camiños de entendemento e
xustiza, facendo que agromen, desde a forza do Espírito, utopías que nos vaian
pondo no camiño da verdadeira liberación. Non permitindo que ninguén se
autoproclame liberador de canto significa e supón cambiar o Evanxeo pola
burocracia. Onde está a imaxe de achegamento, encontro, entendemento ... da que
hoxe se chama a Igrexa de Xesús? Cales son as pontes de diálogo cos que pensan
distinto? De que xeito imos abrindo mans para que outros poidan collelas?
Porque a auga é máis que un rito, decidámonos dunha vez a dar pasos cara
adiante!
Xesús non quedou con Xoán, traía un
novo estilo. Xoán gritaba, Xesús calaba; Xoán esixía conversión, Xesús pedía e
ofrecía; Xoán aseguraba que o Mesías ía chegar, Xesús insinuaba: o Mesías
chegou e vén coa paz. Xesús personalizou todo o que predicou. El será o camiño,
a verdade e a vida. Que oportunidade ternos todos de facer vida os compromisos
do noso bautismo, un compromiso como o de Xesús. A que esperamos?
RENOVACIÓN
PROMESAS BAUTISMAIS
(Atendendo á festa que hoxe se
celebra, no momento da confesión de fe, e lembrando o momento do noso bautismo,
renovamos os compromisos que un día outros fixeron por nós, e que agora de
xeito persoal e comunitario publicamente manifestamos.)
* Cres en Deus, Pai
de todos e Señor do perdón e da misericordia?
SI, CREO
* Cres en Xesús,
que pasou polo mundo facendo o ben, e que nos deixou unha mensaxe de compromiso
solidario, xusto e que dignifica a persoa humana?
SI,
CREO
* Cres na Igrexa,
que camiña no medio do mundo, coa forza e a presenza do Espírito, para ser a
voz dos sen voz e aman aberta e acolledora de todo aquel que se sente
desprezado e explotado?
SI,
CREO
* Cres na
resurrección como camiño e sentido de salvación, que fai que a nosa vida non se
deixe vencer pola desesperanza e o desánimo?
SI,
CREO
Esta é a nosa fe, que xuntos
acabamos de confesar e compartir uníndonos ao Deus que, facéndose un de nós,
pasou polo mundo facendo o ben. Por Xesucristo o Noso Señor. Amén.
ORACIÓN
DA COMUNIDADE
No noso bautismo fomos un día
acollidos no seo da comunidade cristiá. Hoxe, reunidos con esta mesma
comunidade, compartimos e celebramos a fe na que aquel día comezamos a camiñar,
por iso dicímosche:
GRAZAS
POLO DON DA FE
* Grazas, Pai, por
damos a oportunidade de formar parte dunha Igrexa que quere ser cada día máis
fiel a túa Palabra liberadora e solidaria e que se vai realizando no servizo
aos irmáns, por iso dicímosche:
GRAZAS
POLO DON DA FE
* Grazas, Pai,
polas nosas comunidades, e pedímosche que no seu seo sexamos conscientes do que
asumimos polo bautismo e o fagamos vida entendendo que só será posible dende o
achegamento ás persoas, especialmente ás que menos oportunidades teñan,
dicímosche:
GRAZAS
POLO DON DA FE
* Grazas, Pai, por
invitamos a encher a vida de cada un e cada unha de nós de actitudes que unen,
encontran, acollen, valoran e gozan de poder compartir a fe con cantos se
senten necesitados de cariño, axuda e tempo solidario, por iso dicímosche:
GRAZAS
POLO DON DA FE
Grazas, Pai, porque
nos volves dar a oportunidade de que a túa auga sexa rexeneradora da nosa vida.
Unha vida que chamas a ser ponte de unión e comuñón entre as persoas. P.X.N.S.
Amén.
PARA
A REFLEXIÓN
Sentimos, Señor,
que estamos onde Ti
queres que esteamos,
que nacemos para
estar onde agora estamos,
que viñemos ao
mundo para facer o que facemos.
De non ser así,
Ti teríasnos feito
diferentes:
máis sabios ou máis
pobres;
máis hábiles ou
máis torpes;
máis ternos ou máis
firmes;
máis fortes ou máis
febles ...
Ti, que abriches o
ceo para sempre,
que nos deches vida
e nome,
que te mollaches
para mollarnos,
que nos perfumaches
co teu Espírito,
que nos fas saber a
túa vontade,
que nos chamas
"fillos e fillas"
sen ter vergoña,
que nos bautizaches
para comprometerte
e que te aledas de
que esteamos
onde Ti nos
soñaches,
acouga o noso
espírito
cando, ás veces, se
nos ocorre
ao pesar as nosas
vidas
-o que facemos, as
nosas vaidades-,
que poderiamos ter
feito algo máis grande.
CANTOS
* ENTRADA:
Que ledicia a miña.
* ASPERSIÓN:
A auga do Señor.
* LECTURAS:
Escoita ao Señor
* OFERTORIO:
Ti es o pan do ceo
* COMUÑÓN:
Os bautizados
levamos
Comentarios
Publicar un comentario