A3. O Señor é a miña luz e salvación - Salmo 26
Domingo 3 de Ordinario - ciclo A
VIVIR AO PAIRO
Vivir ao pairo
O espazo do Reino non é un cálido
e cómodo recuncho desvinculado da vida.
Non é unha burbulla espiritual para a paz
interior.
O espazo do Reino está feito de exporse,
arriscar, implicarse, complicarse, namorarse e
rir,
sufrir, loitar e a intres gañar ou perder,
sabendo que, alá onde vaiamos, ti vas
connosco.
Non pasa nada por vivir ao pairo,
se na incerteza somos capaces de volvernos a
ti
para que guíes os nosos pasos.
No noso mundo de seguridades e certezas
necesitamos rezar para pedirche a lucidez
de quen arrisca, a sabedoría de quen nada
posúe
e a valentía de quen todo o soña posible.
Comentarios
Publicar un comentario