Epifanía do Señor
Epifanía do Señor
PRIMEIRA
Is 60, 1-6
A
gloria do Señor resplandeceu sobre ti
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
Levantate,
brilla, que a túa luz xa chegou;
si,
a gloria do Señor resplandece sobre ti.
Pois,
olla, a escuridade encobre a terra
e a
negrura os pobos,
pero
sobre ti resplandece o Señor
e a
súa gloria faise ver sobre ti.
Certo
que os pobos camiñarán coa túa luz
e
os reis co resplandor do teu alborexar.
Levanta
os teus ollos arredor,
todos
estes xuntáronse, viñeron a ti.
Os
teus fillos veñen de lonxe
e
as túas fillas son traídas no colo.
Entón,
cando o vexas,
estarás
radiante
e o
teu corazón latexará e ensanchará,
pois
as riquezas do mar traeránchese a ti
e
os bens dos pobos virán para ti.
Estarás
cuberta dunha chea de camelos,
de
dromedarios novos de Madián e de Efah.
Todos
eles virán de Sabá.
Virán
cargados de ouro e incenso,
e
proclamarán lediciosos a louvanza do Señor.
SALMO
RESP. Sal 71, 2. 7-8. 10-11. 12-13
R/
(cf 11): Adorarante, Señor, tódolos reis da terra
Que
rexa ó teu pobo rectamente
e
ós teus pobres con equidade.
Florecerá
a xustiza nos seus días,
unha
prosperidade duradeira como a lúa.
Dominará
de mar a mar,
desde
o gran río ata o cabo da terra.
Traeranlle
dons os reis de Tárxix e das illas,
os
reis de Saba e de Sebá pagaranlle tributo.
Postraranse
ante el tódolos reis da terra,
servirano
tódalas nacións.
El
librará ó pobre que suplica,
ó
aflixido que está sen axuda.
Terá
piedade dos febles e indixentes,
salvará
a vida dos pobres;
SEGUNDA
Ef 3, 2-3a. 5-6
Xa
se nos revelou que os pobos son coherdeiros da promesa
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO
APÓSTOLO
ÓS EFESIOS
Irmáns
e irmás:
Coido
que oístes falar da encomenda que a gracia de Deus me fixo en favor
voso: xa
que
por medio dunha revelación se me deu a coñece-lo misterio, que
noutras xeracións
non
se lle dera a coñecer á humanidade como agora llelo manifesta o
Espírito ós seus
santos
apóstolos e profetas: que os xentís son parceiros, membros do mesmo
corpo e
copartícipes
da promesa en Cristo Xesús polo Evanxeo
ALELUIA
Mt 2, 2:
Vímo-la
súa estrela en oriente,
e
viñemos para adora-lo Señor
EVANXEO
Mt 2, 1-12
Viñemos
de oriente adora-lo rei
PROCLAMACIÓN
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Xesús
naceu en Belén de Xudea, en tempos do rei Herodes. E nisto uns magos
de
Oriente
chegaron a Xerusalén preguntando:
-¿Onde
está o Rei dos xudeus que acaba de nacer? Porque vimos saí-la súa
estrela alá
no
Oriente, e vimos para lle rendermos homenaxe.
Oíndo
isto, o rei Herodes alporizouse, e con el toda Xerusalén. Convocou a
tódolos
sacerdotes
e letrados do pobo, para lles preguntar onde tiña que nace-lo
Mesías. Eles
responderon:
-En
Belén de Xudea, que así o deixou escrito o profeta:
E
ti Belén, terra de Xudea,
de
ningún xeito e-la máis pequena,
entre
as vilas de Xudea,
que
de ti ha saí-lo guía
que
será o pastor do meu pobo Israel.
Entón
Herodes, ás agachadas, chamou ós magos, para se informar ben de
cando lles
aparecera
a estrela. Logo mandounos a Belén, dicíndolles:
-Ide
e informádevos ben do que hai dese neno; e unha vez que o atopedes,
avisádeme,
para
ir eu tamén a lle render homenaxe.
Eles,
despois de oíren ó rei, puxéronse en camiño. E, velaí, a estrela
que viran saír no
Oriente
foinos guiando ata se deter enriba de onde estaba o neno. Grande
alegría
sentiron
ó veren saír de novo a estrela.
E
cando entraron na casa atoparon o neno con María, súa nai.
Postráronse e
rendéronlle
homenaxe; logo, abrindo os seus tesouros, ofrecéronlle coma regalo
ouro,
incenso
e mirra. Logo, avisados en soños de que non volvesen por onda
Herodes,
saíron
para a súa terra por outro camiño.
Sen Ti non somos nós......
e sen ti, tampouco
PÓRTICO
Paz e
ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus sen os mostra a tod@s,
sen reparar na nosa condición social, na cor da nosa pel, no xénero ou en
calquera outra cousa. Deus móstrasenos como brazo sempre aberto para acoller
sen exclusións e para darnos tódalas apertas posibles. Acaso isto non é máxico
para ilusionarnos e ilusionar?. Pero tamén é día de verdadeira maxia, a maxia
onde a ilusión, a sorpresa e a capacidade de sorprendernos non ten límites,
tanto para os pequenos como para os grandes. Con esta invitación a non perder
nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe.
PERDÓN
Señor,
inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos
no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR.
Señor,
Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse
seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á
MAXIA DO TEU AMOR.
Señor,
polas veces nas que nos fallan as formas e non somos capaces de acoller a maxia
da túa mensaxe, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR.
REMUÍÑO
SOBRE TI
RESPLANDECE O SEÑOR: Neste día da Epifanía –manifestación–, Deus móstrasenos de
tod@s e para tod@s, sen poñer nin barreiras nin fronteiras que separen. A
pesares de que o temos escoitado, e mesmo dito moitas veces, Deus, si, o que
nace neno e se vai revelando en Xesús, non é o que pon dificultades, atrancos,
leis… que lle van facendo a vida máis difícil aos que son de fóra, teñen menos
ou non gozan de recoñecemento social. Non, non é Deus quen iso fai, senón nós.
Nós que nos tomamos as cousas tan en serio que cando vimos á misa cústanos
recoñecer que pedir perdón é deixar atrás e non gardar nada no cofre do rancor;
nós que para non sentir vergoña non somos capaces de abrir as mans no Nosopai e
dicirlle que nos pomos nas súas mans; nós, que cando damos a paz cústanos
entender que debemos mirarnos aos ollos e dicir convencidos: "e contigo
tamén"; nós que ás veces sentimos vergoña de cantar, esquecendo que o
canto tamén é oración. Pois a pesares de que todas estas cousas as facemos sen
acabar de tomar en serio a fe que profesamos, seguimos sendo queridos por El. E
sobre cada un e cada unha de nós, cada día e en cada momento, a luz do Señor
resplandece e acompaña.
TRANSMISORES
DUN MISTERIO DE AMOR TOTAL: Unha luz que nos converte en testemuñas e
transmisores do verdadeiro amor. Non o amor que se desgasta co paso do tempo;
non o amor físico que esmorece cando se acaba a química; non o amor irreal de
mundos ficticios e ilusións irrealizables, senón o amor do paso a paso e do día
a día; o amor de man con man e camiño compartido, o amor capaz de ergue-la
cabeza e mirar aos ollos sen sentir nin vergoña, nin a culpabilidade de quen
ten sido collido nun renuncio. Non, o amor que hoxe queremos celebrar coa festa
dos Reis, é o amor total e auténtico, pobre nos seus logros pero rico, moi rico
no esforzo e na unión de ir avanzando para facerlle a vida máis doada e feliz
aos que están ao noso lado e aos que virán despois ca nós. Que mellor agasallo
ca este legado!. Que maior ilusión que deixarnos enchoupar deste amor, gratuíto
e desprendido, e compartilo con cantos se senten, coma nós, ilusionados neste
día no que a maxia do Deus salvador se quere estender a tod@s e sen excepcións?.
CAPACIDADE
DE AGASALLAR: O seu é o mellor e maior dos agasallos. Un agasallo que non ten
prezo nin tampouco se vende en ningún centro comercial, senón que é o agasallo
inmaterial da súa presenza e da súa pegada ao noso carón, que nos urxe a ila facendo
presente na acción e labor dos seus seguidores, nós, cada día a través do noso
traballo e da nosa capacidade de superar dificultades e atrancos. Este agasallo
que fai que nunca nos sintamos solos, lévanos tamén a nós a agasallar con el a
cantos nos abren a súa man, nos piden a nosa compaña ou agradecen a nosa
visita. Porque Deus xa está aquí, poñámonos en marcha para ensinarlle que o
amor e o esforzo por facer as cousas ben é o mellor dos agasallos cos que El
nos agarima cada día. Con un Deus así, como imos perde-la ilusión e deixar de
crer nos Reis?
ORACIÓN DA COMUNIDADE
Neste
día no que a maxia do amor de Deus se abre como manto que acolle todo,
presentámoslle a nosa oración a Aquel que volve saír ao noso encontro para
dicirnos que nos quere. Respondamos xunt@s:
QUE A
ILUSIÓN DOS REIS NON SEXA SÓ PARA OS NEN@S
Para que
na Igrexa saibamos acoller canta iniciativa leve a xerar ilusión, crear
proxectos solidarios e esforzo por defender a dignidade humana, Oremos.
QUE A ILUSIÓN DOS REIS NON SEXA
SÓ PARA OS NEN@S
Para que
desde as nosas comunidades, neste día no que se renovan as ilusións e se nos
invita a vivir a fe sen complexos, nos comprometamos a levar sorrisos a aquelas
familias ás que a tristura e as dificultades lle impiden poder encarar o futuro
con esperanza, Oremos.
QUE A ILUSIÓN DOS REIS NON SEXA
SÓ PARA OS NEN@S
Por tod@s
nós, para que non nos deixemos levar do pesimismo e o derrotismo, que impiden a
tantas persoas encarar o mañá coa esperanza de que só unindo brazos e corazóns
poderemos superar dificultades, Oremos.
QUE A ILUSIÓN DOS REIS NON SEXA
SÓ PARA OS NEN@S
Señor,
que a ilusión que os Reis van deixando na porta do noso corazón sirva para
xerar correntes de renovación, esperanza e proxectos de futuro nas nosas vidas,
nas nosas parroquias e nas nosas familias. P.X.N.S.Amén.
PARA A REFLEXIÓN
Unha
vez, un home dixo polo baixo: "Deus, dime algo". E unha árbore
cantou. Pero o home non escoitaba. Logo, o home falou máis alto pedindo:
"Deus, fálame". E o vento asubiou ao seu redor. Pero o home non oía.
O home mirou ao seu redor e gritou: "Deus, déixame que te vexa!". E
unha estrela prendeu con forza no ceo. Pero o home non miraba. Entón, o home
gritou; "Deus, móstrame un milagre!". E nese momento naceu un neno.
Pero o home non o soubo.
Logo o home, xa desesperado, pediu a
berros: "Tócame, Deus; faime saber que estás aquí!". Ao dicir isto,
Deus baixou e tocoulle. Pero o home, sen darse conta, espantou a bolboreta que
voaba ao seu redor e seguiu a camiñar".
CANTOS
Comentarios
Publicar un comentario