1 ene. 2014

Deus teña piedade de nós e nos bendiga - Salmo 66

Santa María, Nai de Deus - 1 de xaneiro


ARROLADA NO COLO DE MULLER

Arrolada no colo de muller,
observada polos ollos dun varón entenrecido,
axexada pola ira dos violentos,
ocultada na calma dos vivos, non dos mortos.

Así veu a paz a este mundo frío e duro,
que, admirado, non comprende…
como o forte é tan débil,
como o débil é tan grande,
como o grande non se impón:
abandónase ao amor da nai con seu fillo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario