5 ene. 2014

Hante adorar, Señor, tódolos reis da terra - Salmo 71

Epifanía do Señor - ciclo A


PORQUE TEMES HERODES

Por que temes, Herodes,
ao Cristo que nos chega?
Non rouba as nosas cousas
quen é a fonte delas.

Ían seguindo os Magos
a estrela que os trouxera,
buscan con luz á luz
dándolle a Deus ofertas.

O Año inmaculado
límpanos das maldades
cargando sobre si
tódolos nosos males.

Portento nunca visto!
As augas das seis tallas
son viño saboroso
e salvación humana.

A ti, Xesús, a gloria
por terte revelado,
co Pai do que procedes
e co Alento Santo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario