MATERIAIS PARA O DÍA DA PAZ 2014
CANTARELA DA PAZ:
Amiguiños
todos
amiguiños xa
os nenos de
aquí
e os nenos de
alá
Os nenos do
mundo
todos a
cantar
a unha mesma
voz
collidos das mans.
Amiguiños...
Cantarela
nosa
de amor e de
paz
sen penchas
nin odios
sen falsa
irmandá.
Amiguiños...
Rolda de
sorrisos
dende mar a
mar
corazóns
abertos
ollos de
amistá.X. Neira Vilas
CONTO PARA NENOS
PROPOSTAS PARA O DÍA DA PAZ:
www.educacionsinfronteras.org - tolerancia
www.educacionsinfronteras.org - respeto
www.educacionsinfronteras.org - globalización
www.educacionsinfronteras.org - violencia
www.educacionsinfronteras.org - valores
www.educacionsinfronteras.org - acoso escolar
INTERVIDA
FICHAS:
DEBUXOS:
TEXTOS:
CONTOS:
http://www.reflejosdeluz.net
A LENDA DO ARCO DA
VELLA
Contan que
hai moito tempo as cores empezaron a pelexarse. Cada un proclamaba que el era o
máis importante, o máis útil, o favorito.
O verde dixo:
“Sen dúbida, eu son o máis importante.
Son o signo da vida e a esperanza. Escolléronme para a herba, as árbores, as
follas. Sen min todos os animais morrerían. Mirade ao redor e veredes que estou
na maioría das cousas”.
O azul
interrompeu: “Ti só pensas na terra, pero
considera o ceo e o mar. A auga é a base da Vida e son as nubes as que a
absorben do mar azul. O ceo dá espazo, e paz e serenidade. Sen a miña paz non
seriades máis que afeccionados”
O amarelo
soltou unha risita:”Vós sodes tan serios!
Eu traio ao mundo risas, alegría e calor. O sol é amarelo, a lúa é amarela, as
estrelas son amarelas. Cada vez que mirades a un xirasol, o mundo enteiro
comeza a sorrir. Sen min non habería alegría”.
A
continuación tornou a palabra o laranxa: “Eu
son a cor da saúde e da forza. Podo ser pouco frecuente pero son precioso para
as necesidades internas da vida humana. Eu transporto as vitaminas máis
importantes. Pensade nas cenorias, as cabazas, as laranxas, os mangos e papaias.
Non estou, todo o tempo dando voltas, pero cando coloreo o ceo no amencer ou no
crepúsculo a miña beleza é tan impresionante que ninguén pensa en vós”.
O vermello
non podía conterse por máis tempo e saltou: “Eu son a cor do valor e do perigo. Estou disposto a loitar por unha
causa. Traio lume ao sangue. Sen min a terra estaría baleira como a lúa. Son a
cor da paixón e do amor; da rosa vermella, a flor de pascua e a mapoula”.
O púrpura
arroibou con toda a súa forza. Era moi alto e falou con gran pompa: “Son a cor da realeza e do poder. Reis, xefes
de Estado, bispos, escolléronme sempre, porque o signo da autoridade e da sabedoría.
A xente non me cuestiona; escóitame e obedéceme”.
O añil falou
moito máis tranquilamente que os outros, pero con igual determinación: “Pensade en min. Son a cor do silencio.
Raramente repararedes en min, pero sen min todos seriades superficiais. Represento
o pensamento e a reflexión, o crepúsculo e as augas profundas. Necesitádesme
para o equilibrio e o contraste, a oración e a paz interior”.
Así foi como
as cores estiveron a presumir, cada un convencido de que el era o mellor. A súa
querela fíxose máis e máis ruidosa. De súpeto, apareceu un resplandor de luz
branca e brillante. Había lóstregos que retumbaban con estrépito. A choiva
empezou a caer a cachón, implacablemente. As cores comezaron a aniñarse con
medo, achegándose uns a outros buscando protección.
A chuvia
falou: “Estades tolos, cores, loitando
contra vós mesmos, tentando cada un dominar ao resto. Non sabedes que Deus
fíxovos a todos? Cada un para un obxectivo especial, único, diferente. El
amouvos a todos. Xuntade vosas mans e vide comigo. Deus quere estendervos a través do mundo nun gran arco de cor, como
recordo de que vos ama a todos, de que podedes vivir xuntos en paz, como
promesa de que está convosco, como sinal de esperanza para o mañá”.
E así foi como Deus usou
a chuvia para lavar o mundo.
E puxo o arco da vella
no ceo para que, cando o vexades,
vos lembredes de que tedes que tervos en conta uns a outros.
vos lembredes de que tedes que tervos en conta uns a outros.
A PEDRA DE SOPA
Nun pequeno
pobo, unha muller levou unha gran sorpresa ao ver que chamara á súa porta un
estraño, correctamente vestido, que lle pedía algo para comer. “Síntoo - dixo ela-, pero agora mesmo non teño nada en casa”.
“Non se preocupe”, -dixo amablemente o estraño.”Teño unha pedra de sopa no meu peto, se
vostede permitíseme botala nunha pota de auga fervendo, eu faría a máis
exquisita sopa do mundo. Podería traer una pota moi grande con auga, por favor?”.
Á muller
picoulle a curiosidade, puxo a pota no lume e foi contar o segredo da pedra de
sopa ás súas veciñas. Cando a auga rompeu a ferver, toda a veciñanza reuniuse
alí para ver a aquel estraño e a súa pedra de sopa. O estraño deixou caer a
pedra na auga, logo deulle voltas. Probou unha cucharada con verdadeira
delectación e exclamou: “Deliciosa! O
único que necesita é unhas cantas patacas.”
“Eu teño patacas na miña cociña!”, -gritou
unha muller. E en poucos minutos estaba de regreso cunha gran fonte de patacas
peladas que foron dereitas ao puchero. O estraño volveu probar da pota.”Excelente!,-dixo-; e engadiu
pensativamente: “Se tivésemos un pouco de
carne, fariamos un cocido moi apetitoso....!”
Outra ama de
casa saíu zumbando e regresou cun anaco de carne que o estraño, tras aceptalo
cortésmente, introduciu na pota do caldo. Cando volveu probar o caldo, puxo os
ollos en branco e dixo:”Ah, que saboroso!
Se tivésemos unas cantas verduras, sería perfecto, absolutamente perfecto...”
Unha das
veciñas foi correndo até a súa casa e volveu cunha cesta chea de cebolas e
cenorias. Despois de introducir as verduras no puchero, o estraño probou
novamente o guiso e, con ton autoritario, dixo: “O sal?”. “Aquí está” -díxolle
a dona da casa. A continuación deu orde: “Pratos
para todo o mundo”. A xente apresurouse a ir ás súas casas en busca de
pratos. Algúns regresaron traendo mesmo pan e froitas.
Logo sentaron
a gozar da espléndida comida, mentres o estraño repartía abundantes racións da
súa incrible sopa .Todos sentían extrañamente felices e mentres rían, charlaban
e compartían por primeira vez a súa comida. No medio do alborozo, o estraño se
escabuliu silenciosamente, deixando tras de si a milagrosa pedra de sopa, que
eles poderían usar… sempre que quixesen facer a máis deliciosa sopa do mundo.
RECURSOS INTERACTIVOS:
LEMBRADE QUE TEDES MÁIS RECURSOS
DE ANOS ANTERIORES EN:
Comentarios
Publicar un comentario