5 ene. 2014

O verbo fíxose carne e habitou entre nós - Xn 1, 1-18 / Salmo 147

Domingo 2 de Nadal - ciclo A


GLORIA A DEUS NO CEO

Gloria a Deus no ceo
e na terra paz ós homes
que gozan do seu amor!        

Cantámoslle cos anxos, cos pastores,
cantamos con María e con Xosé,
a gloria e a paz que nace en Belén.

Cantámoslle cos pobres, cos pequenos,
a quen Deus lles  procura tanto ben,
a gloria e a paz que nace en Belén.

Cantámoslle ó Deus que nos visita,
que amosa na humildade o seu poder,
a gloria e a paz que nace en Belén.

Cantámoslle no nome do oprimido,
que agarda ter respiro e ter lecer,
a gloria e a paz que nace en Belén.

Cantámoslle a Xesús, pobre, encarnado,
que veu ó pobre darlle un amencer,
a gloria e a paz que nace en Belén.







No hay comentarios:

Publicar un comentario