Aprender a dialogar
Atopei este artículo nunha das miñas búsquedas por internet, pareceume ben comezar o ano con pensamentos positivos e pode valer para traballar o Día da Paz. Espero que vos guste:
"Decálogo para aprender a dialogar"
"Decálogo para aprender a dialogar"
Un
estímulo e un desafío para axudarnos a dar testemuño crible
da
comuñón que nos une en Deus Trinidad Amor:
por
Bruno Forte
Arcebispo
de Chieti-Vasto (Italia)
1.
Non hai diálogo sen humildade.
Dialogar
cos demais esixe poñerse humildemente á escoita do outro, renunciando a toda
pretensión sobre os demais, para abrirnos á verdade á cal todos debemos
obediencia e que é profunda raíz de toda comuñón auténtica
2.
Non hai diálogo sen escoita.
Escoitar
significa facer calar os prexuízos e os medos, estar abertos ao novo, no
respecto da diferenza, acollendo o outro con confianza como o hóspede interior,
no desexo de vivir a mesma pertenza á causa da verdade e do amor que nos une.
3.
Non hai diálogo sen estupor.
O
diálogo crea desorientación, sobre todo interior: marabillarse, ver o mundo con
outros ollos, sentirse parte e non todo, poñerse en xogo e vivir o risco;
desorienta, pero libera das falsas resistencias e fainos capaces de acoller a
verdade, calquera que sexa a súa procedencia
4.
Non hai diálogo sen unha lingua
común.
O
diálogo non existe si non se fala unha lingua común, entendendo as palabras do
outro e sobre todo escoitando o corazón e a vida de onde elas proveñen: na súa
etimoloxía, diálogo significa precisamente "encontro na palabra" (dià-logos).
5.
Non hai diálogo sen silencio.
O
diálogo necesita o silencio, tanto para escoitar e reflexionar sobre o que o
outro propón, canto para manifestar unha auténtica proximidade, a miúdo conducida
polo silencio máis que por moitas palabras. Nunca dirás palabras verdadeiras, se
antes non camiñas longamente polos carreiros do silencio!
6.
Non hai diálogo sen liberdade.
Para
vivir o diálogo temos que ser libres en relación a nós mesmos, dispostos a poñernos
en cuestión; libres en relación aos demais, rexeitando os condicionamentos e os
medos que ás veces eles nos impoñen; libres para obedecer só á verdade, que nos
fai libres (cf. Xn 8, 32).
7.
Non hai diálogo sen perdón.
Quen
quere dialogar, debe liberar a mente e o corazón de todo resentimento polas
feridas recibidas: facendo memoria, o corazón ten que ser purificado coa
demanda e a ofrenda do perdón.
8.
Non hai diálogo sen
coñecemento.
A
ignorancia do outro, da súa cultura, do seu mundo vital, está na base de
incomprensións e rexeitamentos: para dialogar é necesario coñecer o outro e
facerse coñecer por el.
9.
Non hai diálogo sen
responsabilidade.
Quen
dialoga non deberá nunca esquecer a rede de relacións humanas de onde procede e
cara á cal é responsable: o diálogo non elimina, senón que aumenta o sentido de
responsabilidade que cada un debe ter en relación ao ben común, de acordo coa
súa vocación e misión.
10. Non hai diálogo sen ser fieis á verdade.
Quen
non quere compartir as súas propias razóns para vivir, crer, esperar, amar;
quen non ten paixón pola verdade e non é fiel á súa identidade máis profunda,
nunca será capaz de dialogar. No diálogo o corazón ábrese a Quen é a verdade, o
Deus vivente, que vén habitar naqueles que - dialogando con El - acollen o Seu
amor.
Que o Señor axude a
todos nós e ás nosas comunidades eclesiais a ser lugares de verdadeira comuñón
e, por iso, de diálogo, fiel ao ceo e ao mesmo tempo fiel á historia,
verdadeira Igrexa, "misterio de comuñón"!
Comentarios
Publicar un comentario