Encontraron a María e a Xosé e o Neno. E despois de oito días puxéronlle de nome Xesús - Lc 2, 16-21

Santa María, Nai de Deus - 1 de xaneiro


 SANTA MARÍA, NAI DE DEUS

Santa María,
nai na fe,
nai no amor,
nai na esperanza,
nai na contemplación de Deus
e das súas marabillas na xente.

Compartes connosco
a túa sabedoría humilde
e os teus sentimentos apaixonados
para que tamén nós poidamos conservar
as cousas se Deus no noso corazón.

Compartes o teu mirar cálido e fondo
para admirar contigo en Belén
o Fillo de Deus encarnado
para descubrir a presenza de Deus
nas cousas e vidas dos máis marxinados.

Dásnos da forza do teu corazón
para amar o que vemos,
para adorar o que sentimos,
para servir o que admiramos.
Dános o sentido do pobre,
para adiviñar neles
os espazos de conversión e de esperanza
con que Deus os regalou.

Santa María,
nai de Xesús e nai nosa,
discípula adiantada na escola do teu fillo,
ti ensínasnos a contemplar a Xesús
presente en cada un de nós;
ti ensínasnos a contemplar a Xesús
presente no noso mundo,
e facer de Xesús en nós e no mundo
unha forza de xustiza fraternal e pacificadora.
­Santa María, nai de Deus
e nai nosa, nai da Igrexa. 

Comentarios

Publicacións populares