Veo o Fillo do Home buscar e salvar o que estaba perdido - Lc 19, 1-10

Domingo 31 Ordinario - ciclo C



PARA SALVAR 
O QUE ESTABA PERDIDO

Hai dúas maneiras de ver a xente:
con ollos de acusador
e con ollas de curador.

Os ollos do acusador
non ven máis có pecado,
e no pecado razón de desprezo.

Os ollos do acusador son ollos cegos,
e aborrécense cando alguén
pretende ver en cada persoa
algo máis grande có seu pecado.

Os ollas do acusador murmuran,
critican se te abaixas ó pecado.

Os ollos do acusador
son ollos sen esperanza,
son ollos duros,
son ollas de condenación.

Xesús non ten ollos de acusador.
Os ollos do curador son fondos e finos
para ver e distinguir
os pequeniños detalles que falan de esperanza.

Os ollos do curador
senten fondo agarimo cara ao pecador,
e alédanse cando alguén
lles estende a man e o corazón.

Os ollos do curador
confían en que a xente
é máis grande e boa
có pecado que a envolve.

Xesús ten ollos de curador con todos nós.
Na comunidade todos debemos ter
ollos de curador uns cos outros,
para buscar e salvar
todo o que entre nós estea perdido. 



Comentarios

Publicacións populares