Ao espertar, saciareime da túa presenza, Señor - Salmo 16, 1. 5-6. 8b e 15

Domingo 32 de ordinario -ciclo C


GRAZAS, DEUS DA VIDA

Por me chamares á vida
e a todas as súas posibilidades.
Grazas, Deus da vida!

Por me amares e creares nos meus pais,
cun amor elemental e comprometido.

Por me faceres fillo de Galicia,
herdeiro dunha marabillosa tradición humana.

Por me bautizares en ti,
no teu amor de Pai, Fillo e Espírito.

Por me abrires ao amor
na familia, no grupo, na comunidade.

Por me faceres capaz de traballar, de amar e de servir,
co gozo de facelo en comunidade.

Por me introducires pouquiño a pouco, con paciencia,
na novidade permanente do Evanxeo.

Por me faceres irmán de pobres e pecadores,
a min, que son pobre e pecador tamén.

Por me faceres partícipe da túa Igrexa,
solidario con ela no pecado e na misericordia.

Por me dares un amor de parella na vida,
escola diaria do teu amor universal e eterno.

Por seres o meu Pai
agora e para sempre. 



Comentarios

Publicacións populares