FESTIVAL DE PANXOLIÑAS - 2013 DE ESCOLAS CATÓLICAS DE GALICIA
Con motivo das celebracións
relixiosas de Nadal, Escolas Católicas de Galicia convoca entre o alumnado dos
seus centros un Festival de Panxoliñas, para o mes de decembro.
CONDICIÓNS DE
PARTICIPACIÓN
1.- Poderán participar grupos de alumnos de Primaria (1º categoría) e
de Secundaria (2ª categoría)
2.- Os grupos de Primaria estarán formados exclusivamente por alumnos e
alumnas de Primaria. Nos grupos de Secundaria poderán participar tamén alumnos
e alumnas de Primaria. O número total de participantes de cada grupo será como
mínimo de 10, pero non se pon tope para o número máximo.
3.- Cada grupo participante
enviará a Escolas Católicas, Rúa Santa Clara, 23 15704 - Santiago de Compostela, un CD ou un
USB coa gravación da Panxoliña, en lingua galega, coñecida ou inédita, antes do
día 30 de novembro.
5.- Un xurado,
nomeado por Escolas Católicas, seleccionará 5 panxoliñas de cada categoría,
antes do día 6 de decembro, e informará
aos centros dos resultados.
6.- Valorarase a:
interpretación, a orixinalidade, vestiario, posta en escena, nº de alumnos.
7.- O venres, 13 de
decembro, teremos un Festival, ás 17 horas, cos dez grupos seleccionados, en
Santiago. Todos os grupos recibirán un Diploma de participación, e os 10
seleccionados, unha Placa conmemorativa e un agasallo para o centro.
(SE NECESITADES AS FICHAS DE INSCRIPCIÓN SO TEDES QUE PEDILAS OU CONTACTAR CON http://www.escolascatolicas.es/ )
Comentarios
Publicar un comentario