Imos alegres á casa do Señor - Salmo 121
Domingo 34 Cristo Rei - ciclo C
VIVA
O NOSO REI
Xesús, meu irmán e meu mestre,
eu quérote de todo corazón,
eu admírote e quero andar os teus camiños.
Os outros reis mandan e dominan,
e ti serves e faste dispoñible.
Eu prefírote a ti.
Os outros reis esixen rendas e vidas,
e ti das a túa vida coma renda de pobres e
pecadores.
Eu prefírote a ti.
Os outros reis vístense de riqueza,
e ti envólveste en roupas de pobreza.
Eu prefírote a ti.
Os outros reis dobregan desde o poder,
e ti acompañas desde o servizo.
Eu prefírote a ti.
Os outros reis ampáranse no abuso,
e ti respectas e potencias o débil.
Eu prefírote a ti.
Os outros reis teñen tronos de gloria,
e ti sentas nos paus vergoñentos dunha cruz.
Eu prefírote a ti.
Os outros reis gábanse coas loas da multitude,
e ti morres afogado en berros de desprezo.
Eu prefírote a ti.
Os outros reis prometen melloras sen conto,
e ti dás vida abundante en irmandade.
Eu prefírote a ti.
Comentarios
Publicar un comentario