O Señor vén xulgar os pobos con rectitude - Salmo 97

Domingo 33 de Ordinario - ciclo C


VIRÁ UN MUNDO NOVO

Destruirase o templo,
Caerán os edificios oficiais,
as catedrais, os ministerios, os cuarteis.
Non quedará pedra sobre pedra.
Acabarase esta montaxe hipócrita
que afoga tantos soñas e esperanzas.

O como e o cando
non é seguro nin importa.

So se trata
de que vivamos na anguria,
no medo e na intranquilidade
e, para que alguén interesado
se aproveite da nosa inseguridade.

O mundo farase novo,
o mundo hase facer ao gusto de Deus,
pero non sen sufrimento,
non sen loita de cada día,
non sen xente ben disposta
a dar a cara polo ben e a verdade.

Haberá persecucións
dos inimigos e dos familiares.
Haberá mortes.
É a hora do aguante,
do aguante firme e constante pola vida.

A promesa de Xesús é clara:
nin un pelo da vosa cabeza
caerá no esquecemento.
Nin a máis pequena contribución
en favor da vida
quedará sen recompensa.
Deus sabe agradecer de abondo. 




Comentarios

Publicacións populares