Ficha e Lectio - Domingo 32 Ord C
FICHA ADAPTADA DE : http://elrincondelasmelli.blogspot.com/
TOMADO DE :
O evanxeo de hoxe, coa resposta de Xesús aos saduceos, presenta a fe no máis aló. Os saduceos, dos que o evanxeo fala poucas veces, pertencían ás clases altas dasociedade. Non crían na outra vida e na resurrección, e expuxéronlle a Xesús unha pregunta con trampa baseándose na "lei de levirato", pola que o irmán do esposo debe casar coa viúva se esta non tivo descendencia.
A pregunta non é importante. A resposta de Xesús, si. Dilles, ante todo, que na outra vida o matrimonio non terá como finalidade a procreación, porque alí a humanidade non necesita renovarse, porque todo é vida e non hai morte. E, sobre todo, asegúralles que os que "foron xulgados dignos da vida futura son fillos de Deus e participan na resurrección, porque Deus é Deus de vivos". Non explica como é a outra vida
(certamente, resucitar non significará volver á vida de antes, senón entrar nunha nova realidade). O que si nos di é que o noso destino é a vida, non a morte. Un destino de fillos, chamados a vivir da mesma vida de Deus, e para sempre, en plena comuñón con el .
Cremos na vida? Ás veces botóullenos en cara aos cristiáns que desprezamos a vida, que non a amamos. Hai expresións que resultan equívocas (desterrados, val de bágoas, cousas mundanas...) e abundan tamén actitudes que poden manifestar pouco aprecio do corpo, do terreo? Coma se esta vida e este mundo, coma se este corpo e os seus sentidos non fosen creados por Deus, coma se non fosen tamén un don de Deus.
Crer na vida eterna é crer na vida. Crer na vida eterna é crer e amar e aproveitar xa esta vida, que tamén recibimos como un don de Deus, igual que esperamos recibir a outra. Non hai maior garantía ante os homes da seriedade da fe na vida eterna, que a de vivir e deixar vivir, contribuíndo a que todos poidan vivir como persoas, como fillos de Deus, todos iguais
Vivamos con esperanza, vivamos con ilusión!: A esperanza, a ilusión, a alegría... son pezas fundamentais da vida. Cando se fala de calidade da vida, cae frecuentemente no tópico da cantidade de medios necesarios para vivir. A calidade da vida non está nos medios, senón na vida mesma: o gozo, a alegría, as ilusións, a esperanza, a liberdade e a responsabilidade, a solidariedade e a igualdade... Todo iso é o gran desafío aos cristiáns. Todo iso é o que non se pode alcanzar cun orzamento público maior, o que non se pode lexislar nos parlamentos, o que non se pode impor ou custodiar con máis policía nin con máis gastos de defensa.
A vida é graza, como a fe, por iso só se pode dar e recibir. Por iso é polo que sexamos os cristiáns, os que, convencidos do don da vida e do don da fe, empeñémonos en repartir e compartir o gozo, a esperanza, a ilusión, a alegría... Aínda que, iso tamén, sen atropelar, sen impor, sen asoballar, repartindo gratis o que gratis recibimos, vivindo e deixando vivir.
VER TAMÉN :
(Homilía de J.A. Pagola: 4ª IDIOMA, O GALEGO)
Comentarios
Publicar un comentario