Señor, lémbrate de min cando esteas no teu reino - Lc 23, 35-43

Domingo 34 Cristo Rei - ciclo C



XESÚS É REI

Xesús, ti es rei.
Dixéronnolo moitos,
vestíronte de manto,
con coroa e cetro real.

Chamáronte todopoderoso,
coñecedor de todo
rei de reis
e señor dos que dominan.

Para ti escolleron
os mellores pazos do mundo,
os altares máis elevados,
os tronos máis careiros.

Dixéronnos que eras rei
pero poucas veces nos dixeron
de qué xeito ti eras rei.

Cando ti exerciches de rei,
o pobo estaba mirando,
os xefes moqueábanse de ti,
os soldados facíanche burla
e un bandido enchíate de aldraxes

Non eras capaz
de te salvar a ti mesmo,
precisamente ti
que a tantos devolveras
a curación e a liberdade!

O teu trono é a cruz.
Os teus seguidores,
un compañeiro – un -
un compañeiro de tortura.
As túas armas,
o perdón e a resistencia na loita.

O teu reino
os pobres todos do mundo.
A causa que ti defendes,
a defensa dos desprezados.

O teu trunfo chegará
cando non haxa pillos
que miren con desprezo;
cando non haxa corpos e almas
dobregados pola humillación.

Mentres, ti es rei,
pero un rei crucificado. 



Comentarios

Publicacións populares