Domingo 32 de Ordinario C
32º DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO -
CICLO C
Primeira Lectura 2 Mac 7,
1-2. 9-14
LECTURA DO LIBRO SEGUNDO DOS MACABEOS
O rei do mundo hanos resucitar para unha vida eterna
O rei do mundo hanos resucitar para unha vida eterna
Naqueles días,
aconteceu que meteron na cadea a sete irmáns e a súa nai, e o rei mandou que os
azoutasen con trallas e vergas para facer que, en contra do que era lexítimo,
comesen carne de porco.
Un deles, o primeiro,
falou no nome de todos, e dixo:
‑ Que máis vas
preguntar? Que outra cousa queres saber de nós? Estamos dispostos a morrer
antes que quebrantar as leis dos nosos maiores.
O segundo, cando xa
estaba nas últimas, dixo:
‑ Ti, criminal,
quítasnos a vida presente, pero o rei do universo hanos resucitar para unha
vida eterna a cantos morremos pola súa Lei.
Despois deron en
meterse co terceiro. Mandáronlle botar fóra a lingua e fíxoo de contado;
estendeu as mans todo decidido e dixo con valentía:
‑ De Deus recibín
estes membros, e pola súa Lei os entrego; espero recibilos del novamente.
O rei e os que estaban
xunto del quedaron abraiados polo valor do rapaz, que non tiña medo aos
tormentos.
Cando este morreu,
torturaron o cuarto de xeito semellante; e cando estaba xa para morrer, dixo:
‑ Paga a pena que os
homes maten a un, cando se espera que Deus nos vai resucitar. Pero ti non has
resucitar para a vida.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 16, 1.
5-6. 8b e 15
R/. (15b): Ao espertar, saciareime da túa presenza,
Señor.
Entende, Señor, a causa xusta,
atende ao meu clamor;
escoita a miña pregaria
de labios sen engano.
Guía polas túas pisadas os meus pasos,
para que non tremelen os meus pés.
Eu chamo por ti, meu Deus, respóndeme;
inclínate cara a min, escoita a miña voz.
Escóndeme á sombra das túas ás.
Mais eu, pola miña inocencia,
contemplarei o teu rostro;
ó espertar, saciareime da túa presenza.
Segunda Lectura 2 Tes 2, 16
-- 3, 5
LECTURA DA SEGUNDA CARTA DO APÓSTOLO S. PAULO AOS TESALONICENSES
Deus vos confirme en toda palabra e obra boa
Deus vos confirme en toda palabra e obra boa
Irmáns:
O mesmo Señor noso
Xesús Cristo e mais Deus, o noso Pai, que nos amou e que nos deu gratuitamente
azos duradeiros e boa esperanza, vos conforte e vos afinque en toda obra e
palabra boa.
Polo demais, irmáns,
rogade por nós, para que a mensaxe do Señor se difunda e se acolla con honor
como pasou entre vós, e deste xeito nos vexamos libres da xente descamiñada e
perversa: pois a fe non a teñen todos. Pero o Señor é fiel e afincaravos e
protexeravos do Ruín.
Tocante a vós,
fiámonos no Señor de que estades facendo e de que continuaredes a facer canto
vos temos mandado.
Que o Señor encamiñe
os vosos corazóns ao amor de Deus e á paciente espera do Cristo.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Ap 1, 5a. 6b
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
Xesús Cristo é primoxénito dos mortos;
a El a gloria e o poder por sempre eternamente.
Aleluia.
Evanxeo Lc 20, 27-38 (longa)
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Deus non é Deus de mortos, senón de vivos
Deus non é Deus de mortos, senón de vivos
Naquel tempo, chegaron
algúns saduceos ‑eses que negan que haxa resurrección ‑ e preguntáronlle a
Xesús:
‑ Mestre, Moisés
deixou escrito: "Se lle morre a alguén o seu irmán sen deixar fillos, que
case coa viúva de seu irmán, para lle dar descendencia". Pois dunha vez había sete irmáns. O primeiro
casou, e morreu sen fillos. Despois casou con ela o segundo; e logo o terceiro;
e así os sete foron casando coa viúva, morrendo tamén sen deixar fillos. Ao
cabo, morreu tamén a muller. Ora, cando resuciten, de cal deles vai ser a
muller, se estivo casada cos sete?
Xesús contestoulles:
‑ Neste mundo os homes
e mais as mulleres casan entre eles. Pero os que sexan dignos da vida futura e
da resurrección de entre os mortos, non casarán nin eles nin elas, pois non
poden morrer. Son coma anxos, e son fillos de Deus por naceren na resurrección.
E que resucitan os
mortos, ben o deixou indicado Moisés, cando dixo do Señor, no episodio da
silveira: O Deus de Abrahán, o Deus de Isaac e o Deus de Xacob. E Deus non é un Deus de mortos, senón de
vivos, para El todos están vivos.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
Ou: 27. 34-38 (máis breve)
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Naquel tempo, chegaron
algúns saduceos ‑eses que negan que haxa resurrección ‑ e interrogaron a Xesús.
Xesús contestoulles:
‑ Neste mundo os homes
e mais as mulleres casan entre eles. Pero os que sexan dignos da vida futura e
da resurrección de entre os mortos, non casarán nin eles nin elas, pois non
poden morrer. Son coma anxos, e son fillos de Deus por naceren na resurrección.
E que resucitan os
mortos, ben o deixou indicado Moisés, cando dixo do Señor, no episodio da
silveira: O Deus de Abrahán, o Deus de Isaac e o Deus de Xacob. E Deus non é un Deus de mortos, senón de
vivos, para El todos están vivos.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
PORQUE NOS TROUXO A VIDA..... CELEBRÉMOLO!!!!!!!!!!!
TOMADO DE : http://remoldapalabra.blogspot.com.es/2013/11/domingo-32-to-c.html
TOMADO DE : http://remoldapalabra.blogspot.com.es/2013/11/domingo-32-to-c.html
PÓRTICO
As persoas fixemos e facemos de todo con Deus. Unhas séntense na obriga
de defendelo (aínda que sexa condenando os irmáns); outras mesmo ousan dicirlle
o que debería facer nestes tempos de ateísmo e crise moral; algunhas seguen
aferrándose a imaxes relixiosas e concepcións infantís. Hainas tamén que falan
del coma se coñecen ao detalle os seus plans e designios; e quen invoca a súa
autoridade a tempo e a destempo. Fanse e fixéronse demasiadas caricaturas de
Deus.
Pola
contra, é sorprendente constatar que Xesús case non ofrece explicacións sobre a
súa concepción de Deus: invócao, confía nel como Pai, busca cumprir a súa
vontade... pero non se dedica a facer teoloxía nin retratos. Porén, con ocasión
dunha discusión cos saduceos, confesa a súa fe nun Deus que non é Deus de
mortos, senón de vivos. Este mesmo Deus de vida, que nos convoca aquí nesta
mañá de domingo, quere ser para todos nós, neste mes de novembro no que
recordamos dun xeito especial aos nosos defuntos, fonte de esperanza. Porque
non é un Deus destrutor, senón un Deus que crea, sostén e leva á plenitude a
vida das persoas, o mellor xeito de crer nel é acollelo coma fonte, fundamento
e cerne da nosa existencia.
O PERDÓN
Porque
dicimos que queremos vivir, e pola contra facemos imposible a vida
contaminando, explotando e asolando, SEÑOR,
LÉVANOS NO TEU COLO.
Porque
pola febleza da nosa fe seguimos vendo a morte como final de meta, cando en
realidade é comezo de vida en plenitude, CRISTO,
LÉVANOS NO TEU COLO.
Polas
veces nas que non fomos capaces de ir morrendo un pouco cada día á nosa
comodidade, ao noso egoísmo, á nosa apatía, á nosa falta de esperanza, ao noso
pesimismo, para resucitar a unha vida nova e plena, SEÑOR, LÉVANOS NO TEU COLO.
Afirmar
que Deus é un Deus de vida e non de morte, supón que nunca creremos:
no Deus
que sorprenda ás persoas nun pecado de debilidade,
no Deus
que ame a dor,
no Deus
que lle poña luz vermella ás ledicias humanas,
no Deus
que esterilice a razón das persoas,
no Deus
que bendiga aos novos caíns da humanidade,
no Deus
mago e feiticeiro,
no Deus
que se fai temer.
Afirmar
que Deus é un Deus de vida e non de morte, supón que nunca creremos:
no Deus
que non se deixa chamar de ti,
no Deus
que non precisa das persoas,
no Deus
quiniela.... co que se acerta só por sorte,
no Deus
árbitro, que xulga só co regulamento na man,
no Deus
incapaz de sorrir diante das trasnadas das persoas,
no Deus
que manda ao inferno,
no Deus
que non sabe esperar
Afirmar
que Deus é un Deus de vida e non de morte, supón que nunca creremos:
no Deus
que adoran os que son capaces de condenar ás persoas,
no Deus
incapaz de amar o que moitos desprezan,
no Deus
incapaz de perdoar o que moitos condenan,
no Deus
incapaz de redimir a miseria,
no Deus
que lle impida ás persoas medrar, conquistar, transformarse,
no Deus
que esixa renunciar a ser persoa para crer,
no Deus
que non acepte unha cadeira baleira nas nosas festas.
Afirmar
que Deus é un Deus de vida e non de morte, supón que nunca creremos:
no Deus
que só poden entender as persoas maduras, sabias e ben situadas,
no Deus
a quen lle agrade a beneficencia de quen non practica a xustiza,
no Deus
que condena a sexualidade,
no Deus
que se arrepinte de terlle dado a liberdade ás persoas,
no Deus
que prefira a inxustiza á desorde,
no Deus
mudo e insensible nos problemas da humanidade,
no Deus
que cre discípulos desertores das tarefas do mundo.
Afirmar
que Deus é un Deus de vida e non de morte, supón que nunca creremos:
no Deus
que poña a lei por riba da conciencia,
no Deus
que dea por boa a guerra,
no Deus
que cause o cancro, a sida ou calquera enfermidade,
no Deus
que non saia ao encontro de quen o abandonou,
no Deus
que non tivese unha palabra distinta, persoal, propia para cada persoa,
no Deus
que non tivese misterio,
no Deus
que non fose maior ca nós,
no Deus
incapaz de facer novas todas as cousas.
A Palabra que vimos de escoitar é clara. A que tren
subimos, ao de vida ou ao de morte?
ORACIÓN DA
COMUNIDADE
Pondo a nosa esperanza no Deus que sabe
acompañar as nosas vidas e respectar a nosa liberdade, compartamos agora a nosa
oración, sabéndoa por ao seu dispor para dar froitos de amor solidario e
confiado, e digamos.
GRAZAS, SEÑOR DA VIDA
Dámosche
grazas pola Igrexa, que en todas as circunstancias aposta pola vida,
especialmente no caso daquelas persoas que van esmorecendo e morrendo día a día
por non ter unhas condicións dignas de vida, de traballo, de dignidade, OREMOS
GRAZAS, SEÑOR DA VIDA
Dámosche
grazas polos nosos grupos cristiáns, parroquiais ou non, e pedímosche que non
nos deixemos levar pola indiferenza, de xeito que convertamos a nosa resposta
de fe en acción a favor dos que máis necesitan do noso tempo: os que están
solos, os vellos, os enfermos, os que son mal vistos, os que teñen pouca
relación cos outros veciños, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR DA VIDA
Dámosche
grazas tamén pola vida, por cantos estamos agora celebrando a fe desde a escoita
da palabra e o pan compartido, para que nos esforcemos cada día en vencer a
tentación de facer da resposta que nos pide Xesús un simple cumprimento de
preceptos, normas ou mandatos, sen ser capaces de poñerlle vida, ilusión e
risco, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR DA VIDA
Grazas, Señor, por lembrarnos unha vez máis que
Ti es un Deus de vida e que por iso podemos atoparte sempre onde as persoas
traballan por unha humanidade máis humana. P.X.N.S. Amén.
PARA A REFLEXIÓN
(Propoñemos
coller unha parte do remuíño, cadaquén a que queira, e lela como reflexión)
CANTOS
Andarei
LECTURAS:
A túa Palabra
OFERTORIO:
Eu soñei
COMUÑÓN:
No colo da miña nai
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario