20 de novembro 2013 - DÍA INTERNACIONAL DO NENO
En 1948, a recentemente
fundada Nacións Unidas, a maior organización internacional existente, aprobou a
Declaración Universal dos Dereitos
Humanos, un documento que contiña implicitamente os DEREITOS DO NENO, aínda
que sen concederlles toda a relevancia que se merecen. Pouco máis dunha década
despois, en 1959, a Asemblea Xeral da ONU, consciente da importancia que había
que outorgarlle á normativa infantil,
aprobou unha DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO NENO que explicitaba, ao longo de 10 principios, os dereitos contemplados na Declaración de 1948.
Máis tarde, a ONU determinou que fose o Fondo Internacional de
Urxencia das Nacións Unidas para os nenos (UNICEF) o organismo encargado da
protección dos menores. Desde entón empregouse a fondo para PROTEXER XURIDICAMENTE
Á INFANCIA, e froito dos seus debates naceu, o 20 de novembro de 1989, a Convención sobre os Dereitos do Neno.
Desde que se aprobase o documento na Asemblea Xeral das Nacións Unidas han ir aos poucos ratificándoo os diferentes países dos cinco continentes. Na actualidade son 191 os países que ratificaron a Convención. Ao longo e ancho do mundo, todos os países déronse conta de que é sumamente importante protexer o colectivo máis inocente da sociedade. Os nenos, valla a redundancia, son pícaros, e hai que coidalos e protexelos xuridicamente, a todos os niveis, e de forma contundente ata que cumpren os 18 anos. Así, os nenos e nenas son suxeitos dos seus dereitos, E é tarefa dos adultos velar polo seu cumprimento.
PERO NADA DO QUE OCORRE LLES É ALLEO AOS NENOS, E ASÍ, DESCRIBEN ELES O QUE ESTÁ PASANDO:
”Os ricos son cada vez máis ricos e os pobres máis pobres. Moitos
pais non teñen traballo, e coñezo a nenos que choran, e non merendan, e están
tristes na escola. E o meu irmán tampouco pode estudar unha carreira porque
custa moito a matrícula”.
Hoxe 3 de cada 10 nenos e nenas (2.226.000) viven en España por baixo do limiar da pobreza. Os nenos son os máis vulnerables a sufrir as consecuencias da crise económica, converténdose no grupo de idade máis afectado pola pobreza no noso país.
Cada día morren no mundo 25.000 nenos de fame. Durante a última década dous millóns de nenos foron asasinados en guerras, e 150 millóns son explotados laboralmente. Con fins de explotación sexual, as cifras de nenas son elevadísimas...(Son os datos que nos recorda UNICEF)
E FRONTE A ESTA DOLOROSA REALIDADE, CIFRAS ESCANDALOSAS
Profesores de Economía Aplicada na Universidade de Barcelona, e membros de Xustiza i Pau, calcularon o que se gastaron os países industrializados en rescatar as entidades financeiras desde que estalou a crise, e sae a arrepiante cifra de 4,6 billóns de dólares. 92 veces máis do que a ONU calcula que se necesitaría para erradicar o fame no mundo.
Desde que se aprobase o documento na Asemblea Xeral das Nacións Unidas han ir aos poucos ratificándoo os diferentes países dos cinco continentes. Na actualidade son 191 os países que ratificaron a Convención. Ao longo e ancho do mundo, todos os países déronse conta de que é sumamente importante protexer o colectivo máis inocente da sociedade. Os nenos, valla a redundancia, son pícaros, e hai que coidalos e protexelos xuridicamente, a todos os niveis, e de forma contundente ata que cumpren os 18 anos. Así, os nenos e nenas son suxeitos dos seus dereitos, E é tarefa dos adultos velar polo seu cumprimento.
PERO NADA DO QUE OCORRE LLES É ALLEO AOS NENOS, E ASÍ, DESCRIBEN ELES O QUE ESTÁ PASANDO:
E os políticos parece que
non se decatan de nada, claro, para eles non hai recortes, viven como reis, con
grandes soldos, e nós pasando frío na escola porque non temos calefacción. E
tamén hai pícaros que pasan fame, que teñen que ir pedir comida a Cáritas. E
outros nenos de África morren pequenos porque están mal alimentados…”(Cfr.
A infancia en España. Impacto da crise nos nenos)
O POBO GRITA DE DOR. A POBREZA XA TEN ROSTRO DE NENO
O POBO GRITA DE DOR. A POBREZA XA TEN ROSTRO DE NENO
Hoxe 3 de cada 10 nenos e nenas (2.226.000) viven en España por baixo do limiar da pobreza. Os nenos son os máis vulnerables a sufrir as consecuencias da crise económica, converténdose no grupo de idade máis afectado pola pobreza no noso país.
Cada día morren no mundo 25.000 nenos de fame. Durante a última década dous millóns de nenos foron asasinados en guerras, e 150 millóns son explotados laboralmente. Con fins de explotación sexual, as cifras de nenas son elevadísimas...(Son os datos que nos recorda UNICEF)
E FRONTE A ESTA DOLOROSA REALIDADE, CIFRAS ESCANDALOSAS
Profesores de Economía Aplicada na Universidade de Barcelona, e membros de Xustiza i Pau, calcularon o que se gastaron os países industrializados en rescatar as entidades financeiras desde que estalou a crise, e sae a arrepiante cifra de 4,6 billóns de dólares. 92 veces máis do que a ONU calcula que se necesitaría para erradicar o fame no mundo.
ABRINDO PORTAS!
E QUE ENTREN:
A XUSTIZA, O DEREITO, A DIGNIDADE, A SOLIDARIEDADE!
Hoxe máis que nunca necesitamos
activar a dimensión profética da Vida Consagrada. Deus necesita de nós para
rescatar a dignidade das persoas, no noso país, no noso mundo. (Compendio Doutrina Social
da Igrexa)
A infancia e a xustiza é
tamén unha cuestión de dereitos. E o gran anhelo de Xesús! Empeñarnos tamén nós
en traer á terra o Reino de Deus e a súa xustiza.
Xesús, o meu bo
amigo,
quéroche pedir hoxe
por todos os nenos,
os que viven na rúa,
os que están sós,
abandonados,
desprotexidos,
sen un papá ou unha
mamá
que os coide e que os queira.
Axúdame a descubrir o
teu rostro
en cada neno que sofre,
e ensíname a ser
solidario.
Pero podo e quero axudar,
que non viva indiferente.
Dáme forzas para
vivir un amor grande como o teu.
Que non me quede en
palabras,
como lles pasa aos
adultos.
Ensíname a amar de
verdade, Xesús.
(Marcelo
A. Murúa)
Comentarios
Publicar un comentario