Meu Deus e Rei, hei bendicir o teu nome - Salmo 144
Domingo 31 Ordinario - ciclo C
QUE GUSTA DÁ ESPERTAR
Que gusto dá espertar
coa luz de cada día
e ir contemplando as cousas
coas que nos enches a vida!
Que gusto verte a ti nelas
rompendo a noite co día!
Na nai que coida dos nenos,
os mantén e os arroupa
para que vaian medrando
con ilusión e con forza.
Eu véxote a ti, noso Pai,
que mimas a xente toda.
No labrego apaixonado,
loitador comunitario,
que busca no pan a paz
e a forza para o seu traballo.
Vexo a Xesús defensor
da dignidade dos baixos.
En cada gromo que agroma,
en cada herbiña que apunta,
en cada flor que xa asoma,
no nacer dunha leituga.
Vexo o Espírito de vida
que á vida feliz empuxa.
Que gusto da espertar
e verte nas cousas todas!
Que gusto dá traballar
para que a xustiza as envolva!
Que gusto dá espertar
e cantar a túa gloria.
(M.Regal-Un caxato para
o camiño)
Comentarios
Publicar un comentario