Onde abundou o pecado, sobreabundou a gracia - Rm 5, 12-19

Domingo 1 de Coresma - ciclo A



QUEN ES, SEÑOR?

Quen es, Señor, para min,
desde a sinceridade deste encontro en oración contigo?
Quen son eu, meu Deus, desde o abismo da túa misericordia
que dá sentido á miña vida e a todo o que son e o que teño?
Que lugar ocupas, Señor, na miña vida,
no meu corazón, nos meus proxectos e nas miñas decisións?

"Eu non quero tentar ao meu Deus..."
Non quero te ter como un compañeiro esquecido
nos camiños da miña existencia,
sen gozar coa túa compresión e sen animarme co teu alento.
Non desexo a túa presenza esquecida na miña vida inquieta
soñando milagres de sorte ou de fortuna, Señor.
Non quero te ter como un recurso fácil,
como un señor poderoso apegado ás miñas conveniencias,
a quen apelo para gañar o seu corazón coas miñas prácticas piadosas,
e así disimular as miñas preguizas e covardías.
Non quero te ter como un amor de ocasión,
disposto sempre a ceder a calquera urxencia ou compromiso...
"Eu non quero tentar ao meu Deus..."

"A ti, Señor, quero eu só adorar".
A un Deus que teño como un compañeiro fiel
que me comprende e acompaña sempre;
como un amigo inseparable
que me alenta no esforzo inevitable da vida;
como un amante eterno en quen repousar 
o meu corazón con paz e confianza.
Axúdame, Señor, a defender a miña fe e a miña esperanza,
a non esconder o meu rostro cando alguén me pregunte:
Que nos vai a ti a min en todo isto?
"Quero vivir de toda palabra que sae da túa boca, Señor".

Así quero te ter eu, meu Deus, sempre. Amén.



Isidro Lozano







Comentarios

Publicacións populares