12 mar. 2017

Vocación de Abraham, pai do pobo de Deus - Xen 12, 1-4a

Domingo 2 de Coresma - ciclo A


BUSCO E PIDO SILENCIO

Hoxe, Señor, seguindo o teu consello
busco e pido silencio:
non para durmirme en plácidas nubes,
nin para esquecerme de tantos berros e clamores,
nin para descansar nas miñas soidades.

Pídoo, Señor, porque quero vivirme,
porque busco as túas pegadas e quereres,
porque quero escoitarte e falarte,
porque quero entrar nas soidades
dos que sofren, claman ou enmudecen,
porque quero orarte sen distraccións...

Hoxe, Señor, busco e pido silencio.

Florentino Ulibarri


No hay comentarios:

Publicar un comentario