Domingo 1 de Coresma A
Creación e pecado dos primeiros pais
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE
7O Señor Deus formou un home do po da terra, soproulle no
nariz o alento da vida e tornouse o home persoa viva.
8O Señor Deus plantou un xardín en Edén, cara a oriente, e
puxo nel ó home que formara. 9Fixo xermolar da terra árbores fermosas para a vista e boas
para comer, e entre elas a árbore da vida e a árbore do coñecemento do ben e do mal.
3 1A serpe era o máis arteiro de tódolos animais que o Señor
Deus fixera. Díxolle á muller:
-"¿Conque Deus vos prohibiu comer do froito das árbores
do xardín?"
2A muller respondeulle: -"Podemos comer do froito das
árbores todas do xardín. 3Soamente da árbore de alá no fondo nos mandou Deus: Non
comades dela nin a toquedes, non sexa que morrades".
4A serpe insistiu: -"De ningunha maneira morreredes. 5É
que Deus sabe ben que o día en que comades dela, se vos abrirán os ollos e seredes coma
Deus, sabedores do ben e do mal".
6A muller reparou que o froito da árbore era saboroso,
atraente, e bo para adquirir entendemento. E coa mesma colleu do froito e comeu; logo
deulle ó seu home, e tamén el comeu.
7Entón abríronselle-los ollos ós dous e decatáronse de que
estaban espidos. Entrelazaron follas de figueira e cinguíronse con elas.
SALMO RESP. Sal 50, 3-4. 5-6a. 12-13. 14 e 17
R/ (cf 3a): Apiádate, Señor, porque pecamos
3Apiádate de min, meu Deus, pola túa bondade,
pola túa misericordia, borra o meu pecado;
4lávame ben da miña iniquidade,
límpame da miña culpa.
5Eu recoñezo o meu pecado
e teño sempre presente a miña culpa.
6Contra ti, contra ti mesmo, eu pequei
12Crea, Deus, en min un corazón puro,
renóvame por dentro cun espírito firme.
13Non me botes da túa presencia
e non tires de min o teu santo espírito.
14Devólveme a alegría da túa salvación,
sostenme co espírito xeneroso.
17Abre, Señor, os meus labios,
e a miña lingua pregoará a túa louvanza.
SEGUNDA Rm 5, 12-19 (longa)
Onde abundou o pecado, sobreabundou a gracia
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO
APÓSTOLO ÓS ROMANOS
Irmáns e irmás:
12O pecado entrou no mundo por un home só, pero como polo
pecado entrou a morte, a morte pasou a tódolos homes e, en consecuencia, todos
quedaron incursos no pecado. 13Porque, de feito, antes da Lei había pecado no mundo;
anque o pecado non se ten en conta cando non hai Lei; 14a pesar diso, a morte dominou
desde Adam ata Moisés, mesmo sobre aqueles que non pecaron cunha transgresión semellante
á de Adam. E Adam é unha figura arquetípica daquel que está para vir.
15Pero de ningún modo hai comparanza entre o delito e o don.
Porque, se polo delito dun morreron tódolos demais, moito máis polo favor dun home,
Xesús Cristo, a gracia e o don de Deus rebordaron sobre todos. 16Nin pasou co don o mesmo
que coas consecuencias do pecado dun único home: porque o xuízo, partindo dunha soa
transgresión, rematou en condena; en troques, o don, partindo de tantos delitos,
rematou en absolución. 17Se, logo, pola transgresión dun home reinou a morte, e por culpa dun
só, ¡canto máis os que recibiron a abundancia da gracia e do don da benevolencia
reinarán na vida por medio dese un que é Xesús Cristo!
18Por tanto, como pola transgresión dun só veu a condenación
sobre tódolos homes, así tamén pola xustificación doutro só vén para tódolos homes a
xustificación que dá a vida. 19Como a desobediencia dun único home volveu pecadores a
tódolos homes, así tamén a obediencia dun só volveu xustos a todos.
Ou máis breve: 12. 17-19
12O pecado entrou no mundo por un home só, pero como polo
pecado entrou a morte, a morte pasou a tódolos homes e, en consecuencia, todos
quedaron incursos no pecado.
17Se, logo, pola transgresión dun home reinou a morte, e por
culpa dun só, ¡canto máis os que recibiron a abundancia da gracia e do don da
benevolencia reinarán na vida por medio dese un que é Xesús Cristo!
18Por tanto, como pola transgresión dun só veu a condenación
sobre tódolos homes, así tamén pola xustificación doutro só vén para tódolos homes a
xustificación que dá a vida. 19Como a desobediencia dun único home volveu pecadores a
tódolos homes, así tamén a obediencia dun só volveu xustos a todos.
VERSIÑO Mt 4, 4b
O home non vive só de pan,
senón de toda palabra que procede da boca de Deus
EVANXEO Mt 4, 1-11
Xesús xexúa corenta días e afronta a tentación
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
4 1O Espírito conduciu a Xesús ó deserto, para que Satán o
tentase. 2Despois de xexuar corenta días e corenta noites, acabou por ter fame. 3O
tentador, achegándose a el, díxolle:
-Se es Fillo de Deus, manda que estas pedras se convertan en
pan.
4Pero el respondeu:
-Está escrito:Non soamente de pan vive o home, senón de toda
palabra saída da boca de Deus.
5Levouno logo o Satán á cidade santa, e púxoo na atalaia do
templo, 6dicíndolle:
-Se e-lo Fillo de Deus, bótate de aquí embaixo, que está
escrito: Mandará os seus anxos para que te coiden e te leven nas súas mans; e os teus pés
non se mancarán nas pedras.
7Xesús respondeu:
-Tamén está escrito: Non tentará-lo Señor, o teu Deus.
8Pero aínda o levou o Satán a un monte moi alto e,
mostrándolle os reinos todos do mundo enteiro, cheos de esplendor, 9díxolle:
-Heiche dar todo isto se te postras e me adoras.
10Entón replicoulle Xesús:
-Arreda, Satanás, porque está escrito: Só ó Señor, o teu
Deus, adorarás, e só a El darás
culto.
11Deixouno o Satán, e achegáronse os anxos para o serviren.
LECTURAS: Arrepentido
OFERTORIO: Pai, Pai, eu póñome nas túas mans
COMUÑÓN: Seguirei os teus pasos
Comentarios
Publicar un comentario