O Amor derramouse en nós polo Espírito que se nos deu - Rm 5, 1-2. 5-8
Domingo 3 de Coresma - ciclo A
ENVÍA, SEÑOR, O TEU ESPÍRITO
Agora que o tempo parece detido,
agora que a túa presenza é máis palpable,
agora que a miña ser desexa e anhela,
agora que me vexo necesitado,
eu pídoche ao estilo humano:
Envía o teu Espírito
sobre a miña aridez,
sobre a miña fraxilidade,
sobre os meus medos,
sobre a miña pobreza,
sobre o meu cansazo,
sobre as miñas contradicións,
sobre as miñas loitas,
sobre a miña impaciencia,
sobre a miña frialdade,
sobre as miñas ansias insaciables,
sobre a miña falta de fe...
Envía, tamén, o teu Espírito
sobre as miñas alegrías,
sobre a miña esperanza,
sobre o meu traballo,
sobre os meus proxectos,
sobre a miña familia,
sobre o meu campo arado,
sobre as miñas flores compartidas,
sobre as miñas ansias de cambio,
sobre as miñas sementes de vida.
Envía, Señor, o teu Espírito,
que cubra coa súa sombra
todo o que son e teño;
que queime os meus despropósitos
e regue o que é brote dos teus dons.
Envía, Señor, o teu Espírito.
Florentino Ulibarri
Comentarios
Publicar un comentario