Domingo 2 de Coresma A
Vocación de Abraham, pai do pobo de Deus
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE
12 1O Señor díxolle a Abram:
-"Vaite da túa terra, da túa patria, do teu clan, á terra que eu che mostrarei.
2Eu farei de ti un pobo grande, bendicireite e dareiche un
nome sonado, que será exemplo de bendición.
3Bendicirei a quen te bendiga, maldicirei a quen te maldiga. Os pobos todos da terra chamaranse benditos no teu
nome".
4Abram púxose ó camiño, conforme lle dixera o Señor
SALMO RESP. Sal 32, 4-5. 18-19. 20 e 22
R/ (22): Veña a nós, Señor, a túa misericordia,
como de ti o esperamos.
4A palabra do Señor é recta
e tódalas súas obras son leais:
5El quere o dereito e a xustiza,
a súa misericordia enche a terra.
18Os ollos do Señor miran polos seus fieis,
polos que esperan na súa misericordia,
19para libra-la súa vida da morte,
para os manter no tempo da miseria.
20Nós agardámo-lo Señor:
El é o noso socorro, o noso escudo.
22Veña a nós, Señor, a túa misericordia,
como de ti o esperamos.
SEGUNDA 2 Tim 8b-10
Deus chámanos e ilumínanos
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN
PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO
Benquerido irmán:
8Faite partícipe dos
meus sufrimentos polo Evanxeo, contando co poder de Deus. 9El vivificounos e chamounos cunha vocación santa, non polas
nosas obras, senón polo seu designio e pola gracia que nos deu en Cristo Xesús antes de
tódolos tempos, 10e que se manifestou agora pola aparición do noso Salvador, Cristo
Xesús. El destruíu a morte e alumeou a vida e a inmor-talidade por medio do Evanxeo.
VERSIÑO...
Oíuse a voz do Pai, que dicía desde a esplendente nube:
Este é o meu Fillo benquerido; escoitádeo
EVANXEO Mt 17, 1-9
Resplandeceu coma o sol a súa faciana
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
17 1Colleu Xesús a Pedro, a Santiago e a Xoán seu irmán, e
subiu con eles sós a un monte alto. 2Alí transfigurouse diante deles; o seu rostro
resplandecía coma o sol, e os seus vestidos viraron brancos coma a luz. 3Nisto apareceron
Moisés e mais Elías falando con el.
4Pedro colleu a palabra e díxolle a Xesús:
-¡Señor, que ben estamos aquí! Se queres, farei aquí tres
tendas, unha para ti, outra para Moisés e outra para Elías.
5E aínda estaba falando cando apareceu unha nube luminosa
que os cubriu; e unha voz saíndo da nube dixo:
-Este é o meu Fillo benquerido, o meu predilecto:
escoitádeo.
6O escoitaren isto, os discípulos caeron debruzados, cheos
de temor. 7Xesús achegándose, tocounos e díxolles:
-¡Erguédevos, non teñades medo!
8E levantando os ollos, non viron a ninguén fóra de Xesús.
9Cando baixaban do monte, Xesús encargoulles:
-Non lle faledes desta visión a ninguén, ata que o Fillo do
Home resucite de entre os mortos.
Comentarios
Publicar un comentario