Creación e pecado dos primeiros pais - Xen 2, 7-9; 3, 1-7
Domingo 1 de Coresma - ciclo A
CALAR, ESPERAR, GOZAR
Quero calar un momento,
e serenar o bulebule das miñas ideas e sentimentos,
para estar diante túa atentamente
con todos os meus sentidos espertos.
Quero baleirar a miña casa
de tantos obxectos e antollos de recheo,
e estar despexado e libre
agardando a túa vinda.
Quero facer un alto no camiño,
mirar fondo e otear o horizonte,
para camiñar ao teu encontro
e, contigo, ao encontro dos teus preferidos.
Quero permanecer en silencio
e escoitar o murmuro da túa voz
que trae boas novas, cada día,
para todos os que andamos pola vida.
Quero estar só contigo
para sentir o ritmo do teu corazón
e aprender a vivir como Ti
no corazón do mundo.
Quero verte e coñecerte,
fixar os meus ollos no teu rostro,
sentir a túa man sobre a miña,
e calar e esperar e gozar.
Florentino Ulibarri
Comentarios
Publicar un comentario