Danos auga para podermos beber - Ex 17, 3-7

Domingo 3 de Coresma - ciclo A


SEDE INSACIABLE

Camiñante son, Señor, sempre en procura
polos camiños da vida.
Canso e abatido moitas veces
fago o meu camiño entre probas, prantos e alegrías,
en procura dun pozo de auga nova e cristalina.

Esta procura eterna crea en min una sede insaciable.
Porque camiñei e vivín coma se non existises,
coma se foses alguén sempre descoñecido,
sabendo que se o noso encontro fose posible
a túa auga limpa clarificaría todos os interrogantes da miña vida.

Como a samaritana, dei contigo sen darme conta,
farto de babear augas superficiais e sucias,
e leváchesme, sen decatarme, ao manancial da vida.
Non me trataba contigo, pero, agora, xa non podo vivir sen Ti.

O meu pozo é profundo, xa o sabes,
con fraxilidades infinitas,
pero con sede de auga limpa,
con ansias de pecador arrepentido e perdoado.
Faime vaso e cántaro novos
para levar a túa auga aos meus irmáns,
auga do chafariz que salta ata a vida eterna.

Hoxe o día é tan claro que podo facilmente adiviñarte:
Canto tempo andei buscándote,
canto tempo perdido nunha noite sen aurora.
E Ti, o meu Deus, nada de preguntas inquisitorias;
aceptas o meu camiño, estendes o mantel da amizade
e ábresme a túa casa para que poida descansar xunto a ti.
Hoxe podería recoñecer a túa presenza
no medio da selva ou na infinita soidade do deserto.
Porque non te coñecía, pero, agora, xa non podo vivir sen Ti,
meu Señor e meu Deus.



Isidro Lozano

Comentarios

Publicacións populares