Domingo 3 de Coresma A
PRIMEIRA Ex 17, 3-7
Danos auga para podermos beber (Ex 17, 2)
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO
3O pobo, sedento, seguía queixándose por auga a Moisés: -"¿Por que nos sacaches de
Exipto, para facernos morrer de sede, a nós, ós nosos fillos e á nosa habenza?"
4Moisés clamou entón cara ó Señor:
-"¿Que podo facer con esta xente? Acabarán por acantazarme".
5O Señor respondeulle: -"Pasa diante do pobo, toma contigo algúns dos anciáns de Israel,
leva na man a vara coa que batéche-lo Nilo, e camiña. 6Eu presentareime diante túa alá no Horeb, onda o penedo. Ti batera-
-lo penedo, e sairá auga del para que o pobo beba". Moisés fíxoo así, á vista dos anciáns de
Israel. 7Chamáronlle a aquel lugar Masah e Meribah, porque os israelitas contenderon co
Señor e puxérono á proba, preguntando: -"¿Está o Señor connosco ou non?".
SALMO RESP. Sal 94, 1-2. 6-7. 8-9
R/ (8) ¡Se escoitasedes hoxe a súa voz!
Non endurezáde-lo corazón
1Vide, cantémoslle ó Señor,
aclamémo-la nosa rocha salvadora;
2acheguémonos á súa presencia con louvanza,
aclamémolo con cancións.
6Vide, adorémolo postrados,
axeonllémonos ante o Señor, que nos creou.
7El é o noso Deus
e nós sómo-lo seu pobo,
o rabaño que guía a súa man.
¡Se escoitasedes hoxe a súa voz!
8Non endurezáde-lo corazón, coma en Meribah,
coma o día de Masah, no deserto,
9cando vosos pais me tentaron,
provocáronme aínda que viran os meus feitos.
SEGUNDA Rm 5, 1-2. 5-8
O Amor derramouse en nós polo Espírito que se nos deu
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS
Irmáns e irmás:
5 1Xustificados pola fe, estamos en paz con Deus, por medio do noso Señor Xesús Cristo.
2Por El temos tamén entrada a esta gracia na que nos mantemos; e estamos orgullosos coa
esperanza de logra-la gloria de Deus.
5E a esperanza non falla, porque o amor de Deus vértese nos nosos corazóns mediante o
Espírito Santo, que se nos deu.
6De certo, xusto cando nós aínda estabamos sen forzas, no tempo preciso, Cristo morreu
polos impíos. 7Non é fácil, en verdade, que alguén queira morrer por un home xusto
(anque por un home bo, quizais se atreva alguén a morrer); 8pero Deus demostróuno-lo seu
amor no feito de que, sendo aínda nós pecadores, Cristo morreu por nós.
VERSIÑO Cf Xn 4, 42. 15
Señor, verdadeiramente ti e-lo Salvador do mundo;
dame auga viva, para que non teña máis sede
EVANXEO Xn 4, 5-42 (longo)
Manantío de auga que salta ata a vida eterna
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
4Necesitaba pasar pola Samaría. 5Chegou, logo, a unha cidade da Samaría chamada Sicar,
preto do terreo que lle deixara Xacob a seu fillo Xosé. 6Estaba alí o pozo de Xacob. E
Xesús, canso do camiño, sentou onda o pozo. Era ó pé do mediodía. 7Chegou unha muller
da Samaría sacar auga. E Xesús díxolle:
-Dáme de beber.
8(Os seus discípulos foran á vila, mercar comida).
9Preguntoulle entón a muller samaritana:
-¿Como é que ti, sendo xudeu, me pides a min, muller samaritana, que che dea de beber?
(Porque os xudeus non se levan cos samaritanos).
10Respondeulle Xesús:
-Se coñecése-lo don de Deus e quen é o que che di "dáme de beber", ti mesma lle pedirías
a el e el daríache auga viva.
11Replicoulle a muller:
-Señor, se ti nin sequera tes caldeiro e o pozo é fondo, ¿de onde pensas quitar esa auga
viva? 12¿Seica es ti máis có noso pai Xacob, quen nos deu este pozo, do que beberon el,
seus fillos e mailo seu gando?
13Xesús contestoulle:
-Todo o que bebe auga desta, terá sede outra vez; 14pero o que beba da auga que eu lle
darei, nunca mais terá sede: a auga que eu lle darei, converterase dentro del nunha fonte
que saltará ata a vida eterna.
15A muller suplicou:
-Señor, dáme, logo, desa auga para non ter sede nin ter que vir aquí por ela.
16Díxolle Xesús:
-Vai chamar polo teu marido e volve aquí.
17A muller contestou:
-Non teño marido.
Xesús díxolle:
-Falaches ben, dicindo "non teño marido"; 18tiveches cinco homes e o que tes agora non é
teu marido. Desta si que faláche-la verdade.
19A muller respondeu:
-Señor, vexo que ti es profeta. 20Os nosos pais adoraron neste monte e vós dicides que é
en Xerusalén onde hai que adorar.
21Xesús díxolle:
-Faime caso, muller: chega a hora en que nin neste monte nin en Xerusalén adoraréde-lo
Pai. 22Vós adoráde-lo que non coñecedes; nós adorámo-lo que coñecemos, pois a
salvación vén dos xudeus. 23Pero chega a hora -é xa agora- en que os verdadeiros
adoradores adorarán o Pai en espírito e verdade, pois eses son os adoradores que procura o
Pai. 24Deus é espírito e cómpre que os que o adoran, o adoren en espírito e verdade.
25Respondeu a muller:
-Sei que está para vi-lo Mesías, o chamado Cristo. Cando el veña, hanos anunciar tódalas
cousas.
26Díxolle Xesús:
-Son eu, o que está falando contigo.
27Nisto chegaron os seus discípulos e chamóulle-la atención que falase cunha muller. Pero
ningún lle preguntou: "¿Que pretendes?" ou "¿De que falas con esa?"
28Entón, deixando a muller o seu cántaro, foi á vila e díxolles ós veciños:
29-Vide ver un home que me dixo todo canto eu fixen. ¿Non será el o Mesías?
30Eles saíron da vila e viñeron onda el.
31Mentres, os seus discípulos insistíanlle:
-Rabbí, come.
32Mais el díxolles:
-Eu teño para xantar unha comida que vós non sabedes.
33Dicíanse entón os discípulos, uns ós outros:
-¿Traeríalle alguén de comer?
34Xesús díxolles:
-A miña comida é face-la vontade daquel que me mandou e levar a remate a súa obra.
35¿Non dicides vós que aínda faltan catro meses para que chegue a seitura? Ben, pois
mirade o que vos digo: erguede os vosos ollos e veredes que os campos están brancos para
a seitura. 36O que sega recibe a paga e recolle froito para a vida eterna; de xeito que se
alegran tanto quen sementa coma quen sega. 37Pois nisto é verdadeiro o dito de que un é
quen sementa e outro quen recolle. 38Eu mandeivos recolle-lo que vós non traballastes:
outros traballaron e vós recolléste-lo froito do seu traballo.
39Moitos samaritanos daquela vila creron nel, pola palabra da muller, que declaraba:
"díxome todo canto eu fixen". 40Por iso os samaritanos chegados onda el, rogábanlle que
quedase con eles; e quedou alí dous días. 41E creron aínda moitos máis polo que el lles
dixo. 42Dicíanlle despois á muller:
-Xa non cremos polo que ti nos dixeches: nós mesmos o escoitamos e sabemos que este é
de verdade o Salvador do mundo.
Ou máis breve: 5-15. 19b-26. 39a. 40-42
5Chegou Xesús a unha cidade da Samaría chamada Sicar, preto do terreo que lle deixara
Xacob a seu fillo Xosé. 6Estaba alí o pozo de Xacob. E Xesús, canso do camiño, sentou
onda o pozo. Era ó pé do mediodía. 7Chegou unha muller da Samaría sacar auga. E Xesús
díxolle:
-Dáme de beber.
8(Os seus discípulos foran á vila, mercar comida).
9Preguntoulle entón a muller samaritana:
-¿Como é que ti, sendo xudeu, me pides a min, muller samaritana, que che dea de beber?
(Porque os xudeus non se levan cos samaritanos).
10Respondeulle Xesús:
-Se coñecése-lo don de Deus e quen é o que che di "dáme de beber", ti mesma lle pedirías
a el e el daríache auga viva.
11Replicoulle a muller:
-Señor, se ti nin sequera tes caldeiro e o pozo é fondo, ¿de onde pensas quitar esa auga
viva? 12¿Seica es ti máis có noso pai Xacob, quen nos deu este pozo, do que beberon el,
seus fillos e mailo seu gando?
13Xesús contestoulle:
-Todo o que bebe auga desta, terá sede outra vez; 14pero o que beba da auga que eu lle
darei, nunca mais terá sede: a auga que eu lle darei, converterase dentro del nunha fonte
que saltará ata a vida eterna.
15A muller suplicou:
-Señor, dáme, logo, desa auga para non ter sede nin ter que vir aquí por ela.
Señor, vexo que ti es profeta. 20Os nosos pais adoraron neste monte e vós dicides que é
en Xerusalén onde hai que adorar.
21Xesús díxolle:
-Faime caso, muller: chega a hora en que nin neste monte nin en Xerusalén adoraréde-lo
Pai. 22Vós adoráde-lo que non coñecedes; nós adorámo-lo que coñecemos, pois a
salvación vén dos xudeus. 23Pero chega a hora -é xa agora- en que os verdadeiros
adoradores adorarán o Pai en espírito e verdade, pois eses son os adoradores que procura o
Pai. 24Deus é espírito e cómpre que os que o adoran, o adoren en espírito e verdade.
25Respondeu a muller:
-Sei que está para vi-lo Mesías, o chamado Cristo. Cando el veña, hanos anunciar tódalas
cousas.
26Díxolle Xesús:
-Son eu, o que está falando contigo.
39Moitos samaritanos daquela vila creron nel
40Por iso os samaritanos chegados onda el, rogábanlle que quedase con eles; e quedou alí
dous días. 41E creron aínda moitos máis polo que el lles dixo. 42Dicíanlle despois á
muller:
-Xa non cremos polo que ti nos dixeches: nós mesmos o escoitamos e sabemos que este é
de verdade o Salvador do mundo.
o LECTURAS: A auga do Señor /*
TVG:
Comentarios
Publicar un comentario