No aniversario do Concilio Vaticano II

Con ocasión do aniversario do Concilio, recuperamos o texto que desde alí se enviou a toda a humanidade, como é longo irá por partes. Aproveitemos para pararnos, mirar hacia atrás, tomar folgos e dar pasos de novo para adiante. Esperan moito de nós.



7 de decembro de 1965



Venerables irmáns:

A hora da partida e da dispersión soou. Agora debedes abandonar a asemblea conciliar para ir ao encontro da humanidade a difundir a boa nova do Evanxeo de Cristo e da renovación da súa Igrexa, pola que nós traballamos xuntos desde hai catro anos.

Momento único este, dunha significación e dunha riqueza incomparables. Nesta asemblea universal, neste momento privilexiado no tempo e no espazo, converxen á vez o pasado, o presente e o porvir. O pasado, porque está aquí reunida a Igrexa de Cristo, coa súa tradición, a súa historia, os seus concilios, os seus doutores, os seus santos. O presente, porque abandonamos Roma para ir ao mundo de hoxe, coas súas miserias, as súas dores, os seus pecados, pero tamén cos prodixios conseguidos, os seus valores, as súas virtudes. O porvir está alí, en fin, no chamamento imperioso dos pobos para unha maior xustiza, na súa vontade de paz, nas súa sede, consciente ou inconsciente, dunha vida máis elevada; isto é precisamente o que a Igrexa de Cristo pode e debe dar aos pobos.

Parécenos escoitar por todo o mundo un inmenso e confuso clamor, a pregunta de todos os que miran ao Concilio e pregúntannos con ansiedade: "Non tedes unha palabra que dicirnos... a nós os gobernantes, a nós os intelectuais, os traballadores, os artistas; a nós as mulleres, a nós os mozos, a nós os enfermos e os pobres?"

Estas voces implorantes non quedarán sen resposta. para todas as categorías humanas traballou o Concilio durante estes catro anos. Para todas elas elaborou esta constitución da Igrexa no mundo de hoxe que Nós promulgamos onte no medio dos entusiastas aplausos da asemblea.

Da nosa longa meditación sobre Cristo e a súa Igrexa debe brotar neste instante unha primeira palabra anunciadora de paz e de salvación para as multitudes que esperan. O Concilio, antes de terminarse, debe levar a cabo unha función profética e traducir en breves mensaxes e nun idioma máis facilmente accesible a todos a "boa nova" que elaborou para o mundo e que algúns dos seus máis autorizados intérpretes van dirixir de agora en diante, no voso nome, á humanidade enteira.

Comentarios

Publicacións populares