O Señor reina vestido de maxestade - Salmo 92
Domingo 34 de ordinario B- Cristo Rei
CRISTO REI
Oh Cristo, Ti es o meu Rei!
Dáme un corazón cabaleiroso para
contigo.
Magnánimo na miña vida:
escollendo todo canto sobe cara arriba,
non o que se arrastra cara abaixo.
Magnánimo no meu traballo:
vendo nel non unha carga que se me
impón,
senón a misión que Ti me confías.
Magnánimo no sufrimento:
verdadeiro soldado teu ante a mina
cruz,
verdadeiro Cireneo para as cruces dos
demais.
Magnánimo co mundo:
perdoando as súas miudezas,
pero non cedendo en nada ás súas
máximas.
Magnánimo cos homes: leal con todos,
máis sacrificado polos humildes e
polos pequenos,
celoso por arrastrar cara a Ti
a todos os que me aman.
Magnánimo cos meus superiores:
vendo na súa autoridade a beleza do
teu Rostro,
que me fascina.
Magnánimo comigo mesmo:
xamais repregado sobre min,
sempre apoiado en Ti.
Magnánimo contigo: Oh Cristo Rei:
orgulloso de vivir para servirte,
ditoso de morrer, para perderme en Ti.
Comentarios
Publicar un comentario