Gárdame, Señor, que en Ti busco agarimo - Salmo 15

Domingo 33 de ordinario - ciclo B



CANDO REVERDECEN AS PONLAS

E, que queres, Señor?
Eu non podo poñerlles remedio,
eu non mando nin rexo;
os que levan o mundo
non oen as queixas que eu digo.

E, que queres, Señor?
Eu ben sei que che estragan o mundo
que a diario o enchen de lixos,
que o rebentan por dentro e por fóra
ao compás de soberbios caprichos.

E, que queres, Señor?
dunha pedra pasouse a unha espada,
dunha espada a un revólver seguro,
dun revólver a un canón dos corenta,
e agora mísiles nucleares ameazan o mundo.

E, que,queres, Señor?
Violencia, violencia e violencia:
ninguén quere a paz como guía,
violencia coa lingua, e cos feitos,
violencia do pobre e do rico,
violencia de noite e de día.

E, que queres, Señor?
Plantarei a carón da miña casa
a planta da paz cada mañá;
cada mañá botareime ao camiño
que leve á terra da paz e do pan.  


Comentarios

Publicacións populares