Semana de Cine Espiritual
Dende Escolas Católicas están organizando a IV Semana
de Cine Espiritual en Galicia. A mediados de xullo enviaron xa ós colexios algunha
información sobre esta actividade para o curso 2012-2013 pero a continuación
indicamos xa as datas concretas para cada película e o lugar de proxección para
os colexios da zona de Vigo interesados en participar.
PELÍCULAS SELECCIONADAS POR
IDADES E DATAS DE PROXECCIÓN:
Dirixida por Larsen Binger, esta película de aventuras conta a historia de Antón, un neno de 10 anos desesperado por ter un irmán maior de 'verdade' xa que Buller, o seu, é autista. Sempre distraído mirando ao ceo, recibe a visita inesperada de algo remoto desde espazo e converteralle de súpeto no super heroe e popular 'Super' irmán maior que sempre soñou ser. Por desgraza eses poderes non son eternos, serán capaces de aprender a utilizalos?.
· “PREFIERO O PARAÍSO” de Giacomo Campiotti (alumnos/as de 4º de ESO e Bacharelato e F P): xoves 29 de novembro de 10.00 a 12.30

Mentres tiña lugar o Concilio de
Trento e comezaba a chamada Contrarreforma, San Felipe formaba aos
máis novos con tenrura e ironía achegándolles á Liturxia e
logrando que se divertisen cantando e xogando nun lugar que máis
adiante se convertería no Oratorio, proclamada Congregación polo
Papa Gregorio XIII en 1575.
San Felipe Neri, na súa longa vida foi
amigo de San Ignacio de Loyola e do cardeal Carlos Borromeo pero el,
na súa vocación, cando se lle preguntou se quería ser nomeado
cardeal, sen dilación contestou: ?Prefiro o Paraíso?.
· “SOUL SURFER” de Sean Mcnamara (alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO): martes 27 de novembro de 10.00 a 12.30

LUGAR DE PROXECCIÓN: Cine Salesianos
PREZO: 3 € por alumno/a.
Aos colexios que participen terán como sempre as fichas con
actividades para os alumnos.
ESTRUTURA DA ACTIVIDADE:
1º Presentación da película.
2º Proxección da película.
3º Comentario e debate.
Comentarios
Publicar un comentario