No aniversario do Concilio 4


AOS ARTISTAS

A vós todos, artistas, que estades engaiolados da beleza e que traballades por ela; poetas e xentes de letras, pintores, escultores, arquitectos, músicos, homes de teatro e cineastas... A todos vós, a Igrexa do Concilio di, por medio das nosas voces: Se sodes os amigos da arte verdadeira, vós sodes os nosos amigos.

A Igrexa está aliada desde hai tempo convosco. Vós construístes e decorastes os seus templos, celebrado as súas dogmas, enriquecido a súa liturxia. Vós axudastes a traducir a súa divina mensaxe na lingua das formas e as figuras, convertendo en visible o mundo invisible.

Hoxe, como onte, a Igrexa necesítavos e vólvese cara a vós. Ela divos, por medio da nosa voz: Non permitades que rompa unha alianza fecunda entre todos. Non rexeitedes o pór o voso talento ao servizo da verdade divina. Non pechedes o voso espírito ao sopro do Espírito Santo.

Este mundo no que vivimos ten necesidade da beleza para non caer na desesperanza. A beleza, como a verdade, pon alegría no corazón dos homes; é o froito precioso que resiste a usura do tempo, que une as xeracións e fainas comunicarse na admiración. E todo iso está nas vosas mans.

Que estas mans sexan puras e desinteresadas. Recordade que sodes os gardiáns da beleza no mundo, que isto abonde para librarvos de praceres efémeros e sen verdadeiro valor, así como da busca de expresións estrañas ou desagradables.

Sede sempre e en todo lugar dignos do voso ideal e seredes dignos da Igrexa, que pola nosa voz diríxevos neste día a súa mensaxe de amizade, de salvación, de graza e de bendición. 

Comentarios

Publicacións populares