Ela deu máis ca todos - Mc 12,38-44

Domingo 32 ordinario - ciclo B


UN VASO DE AUGA DE BALDE

Un vaso de auga de balde,
dous minutos axudando a cruzar a rúa,
un obxecto menos nas nosas cousas,
unhas moedas que nin van nin veñen,
un día de xaxún consciente,
esas tardes con persoas marxinais,
unhas horas do noso tempo escoitando soidades,
unha compra menos ...

Son cousas pequenas que non rematan coa pobreza,
que non sacan do subdesenvolvemento,
que non reparten os bens,
que non socializan os medios de produción,
que non cambian as leis ...
Pero que desencadean a ledicia de facer
e manteñen vivo o remol do teu querer e do noso deber.

Ao fin e ao cabo,
actuar sobre a realidade e cambiala,
aínda que sexa un pouquichiño,
é o único xeito de mostrar
que a realidade é transformable.

Señor da historia e da vida,
que non sexamos nós quen
menosprecemos e deixemos de facer
as cousas pequenas de cada día.







Comentarios

Publicacións populares