Loa a miña alma ó Señor - Salmo 145

Domingo 32 ordinario - ciclo B


PARA MEDRAR NO GUSTO POLO PEQUEÑO

Grazas, Pai,
por todas as cousas pequenas
que compoñen a miña vida
e a vida dos meus veciños todos.

Grazas pola xente pequena,
pola xente pobre,
pola xente que parece de pouco proveito,
pola xente que vive pobremente,
sen ningunha chulería.

Grazas pola beleza agachada
en todas as cousas humildes,
en todos os corazóns humildes,
en tódalas vidas humildes.

Grazas por ti, Pai,
porque, sendo rico, faste pobre
para que todos nos poidamos enriquecer en ti
polo camiño do pobre.

Grazas porque segues escollendo o pequeno
para te faceres presente e activo,
coma cando escolliches a pobre María de Nazaré
e o seu fillo o pobre Xesús de Nazaré.

Grazas pola nova oportunidade que nos dás
de aprender dos pobres
a facer comunidade cristiá.  


Comentarios

Publicacións populares