Amarás ó Señor, teu Deus, con todo o teu corazón - Mc 12,28b-34

Domingo 31 ordinario - ciclo B


PERTO DO REINO DE DEUS

O teu Señor é único,
non hai máis señores ca el,
ante ninguén te dobregues,
todos somos irmáns, fillos do mesmo Pai.

Amarás o teu Señor,
non é cousa de lle ter medo,
como se fose caprichoso e terrible,
nin é cousa de o esquecer,
co que lle gusta acompañarnos na vida!

Amaralo con todo o corazón,
con toda a alma, apaixonadamente,
namorándote del,
respectando o seu nome
e cumprindo a súa vontade.

Amaralo con todo o entendemento,
procurando coñecelo ben,
sabendo o que o seu amor nos pide
nestes momentos da nosa historia.

E amarás o teu próximo como a ti mesmo.
Nunca separes os dous mandamentos.
Deus sen o veciño non vale,
o amor ao veciño é medida do amor a Deus.
E ámao como a ti mesmo,
nin máis nin menos, como a ti mesmo.

Isto honra a Deus
moito máis ca mil ofertas,
a trae máis vida e a salvación
ca tanta argallada relixiosa
espallada por esta bendita terra.


Comentarios

Publicacións populares