No aniversario do Concilio 6 - Aos traballadores
AOS
TRABALLADORES
Ao longo do Concilio, nós
os Bispos católicos dos cinco continentes, reflexionamos
conxuntamente, entre moitos temas, respecto das graves cuestións que
expón á conciencia da humanidade as condicións económicas e
sociais do mundo contemporáneo, a coexistencia das nacións, o
problema dos armamentos, da guerra e da paz. E somos plenamente
conscientes da repercusión que a solución dada a estes problemas
pode ter sobre a vida concreta dos traballadores e das traballadoras
do mundo enteiro. Así, desexámonos, ao termo das nosas
deliberacións, dirixirlles a todos eles unha mensaxe de confianza,
de paz e de amizade.
Fillos moi queridos: estade
seguros, desde logo, de que a Igrexa coñece os vosos sufrimentos, as
vosas loitas, as vosas esperanzas; de que aprecia altamente as
virtudes que ennobrecen as vosas almas: o valor, a dedicación, a
conciencia profesional, o amor da xustiza; que recoñece plenamente
os inmensos servizos que cada un no seu posto, e nos postos
frecuentemente máis escuros e menos apreciados, facedes ao conxunto
da sociedade. A Igrexa séntese moi contenta por iso, e pola nosa voz
agradécevolo.
Nestes últimos anos, a
Igrexa non deixou de ter presentes no seu espírito os problemas, de
complexidade crecente sen cesar, do mundo e do traballo. E o eco que
atoparon nas vosas filas as recentes encíclicas pontificias
demostrou como a alma do traballador do noso tempo marcha de acordo
coa dos seus máis altos xefes espirituais.
O que enriqueceu o
patrimonio da Igrexa con esas mensaxes incomparables, o Papa Xoán XXIII, soubo atopar o camiño cara ao voso corazón. Mostrou
claramente na súa persoa todo o amor da Igrexa polos traballadores,
así como tamén pola xustiza, a liberdade, a caridade, sobre as que
se funda a paz no mundo.
Deste amor da Igrexa cara a
vós, os traballadores, queremos, tamén pola nosa banda, ser
testemuñas preto de vós e dicímosvos con toda a convicción das
nosas almas: a Igrexa é amiga vosa. Tede confianza nela. Tristes
equívocos no pasado mantiveron durante longo tempo a desconfianza e
a incomprensión entre Igrexa e a clase obreira, e sufriron a unha e
a outra. Hoxe soou a hora da reconciliación, e a Igrexa do Concilio
invítavos a celebrala sen reservas mentais.
A Igrexa busca sempre o modo
de comprendervos mellor. pero vós debedes tratar de comprender o que
é a Igrexa para vós, os traballadores, que sodes os principais
artífices das prodixiosas transformacións que o mundo coñece hoxe,
pois ben, sabedes que se non as anima un potente sopro espiritual
farán a desgraza da humanidade en lugar de facer a súa felicidade.
Non é o odio o que salva ao mundo, non é só o pan da terra o que
pode saciar o fame do home.
Así, pois, recibide a
mensaxe da Igrexa. Recibide a fe que vos ofrece para iluminar o voso
camiño; é a fe do sucesor de Pedro e dos dous mil Bispos reunidos
en Concilio, é a fe de todo o pobo cristián. Que ela vos ilumine.
Que ela vos guíe. Que ela vos faga coñecer a Xesucristo, o voso
compañeiro de traballo, o Señor, o Salvador de toda a humanidade.
Comentarios
Publicar un comentario