Velaquí, volvémonos aos xentís - Feit 13, 14. 43-52

Domingo 4 de Pascua - ciclo C


XESÚS, DESEXO ESCOITAR A TÚA VOZ

Xesús, desexo escoitar a túa voz: 

a voz que chamou a Pedro, a Santiago e a Xoán; 
a voz que escoitaron as xentes de Galilea, 
a voz próxima e amiga 
aos pecadores de sempre, 
aos pobres de toda a vida, 
e aos tirados nas cunetas da vida. 

A voz que os cativou, os levantou do chan 
e lles deu unha esperanza para vivir e morrer. 

Xesús, desexo escoitar a túa voz: 
na vida da xente sinxela que te leva no corazón, 
nos que, coma ti, fan oír a súa voz a favor dos pobres, 
nos que, na sombra e no silencio, traballan pola paz, 
nos que buscan un sentido e non perden a esperanza, 
nos que perdoan, malia todo, 
nos que, sen pregoar a súa fe, aman e se dan, sen máis.

                                  
Equipo Eucaristía evd


Comentarios

Publicacións populares