O Año será o seu pastor e levaraos ás fontes de auga - Ap 7, 9. 14b-17
Domingo 4 de Pascua - ciclo C
CHAMADOS
A SER UN
Grazas por me quereres, Pai,
con ese cariño tan fondo teu.
Graciñas porque me coñeces sen reservas
e sen reservas me amas tamén.
Grazas porque non te asustas de min,
nin de toda a escuridade en que moitas veces
me agacho.
Graciñas porque te fías de min
e me chamas para colaborar contigo.
Grazas porque me regalas cada mañá
co regalo incomparable da túa voz.
Graciñas porque me fas capaz de escoitarte
e de seguirte aínda que sexa a tropezóns.
Grazas porque me dás vida
e porque llela dás tamén ós máis pobres.
Graciñas porque apostas pala vida dos pobres,
cando ninguén aposta por eles.
Grazas porque me chamas a colaborar contigo
na tarefa marabillosa da fraternidade.
Graciñas por te quereres facer un comigo
para que eu me faga un contigo e un cos
pobres.
Graciñas por tanto cariño teu, Pai.
Comentarios
Publicar un comentario