Sobre o " I Curso de Música y Evangelización "
O venres puxen o aviso do cursiño por se alguén da diocese se podía acercar, inda que fose un ratiño.
A verdade é que a experiencia foi marabillosa, tanto que intentaremos que viñades do resto das dioceses galegas para o próximo e vanse incluir os cantos en galego, porque Rogelio Cabado é fillo de lucense e o leva dentro...
Moitísimas grazas tamén a Javier e Montse, dos carismáticos "do outro lado da ría", Ángel Romero (que impartiu o obradoiro de deseño gráfico) e Manu Escudero. Non vos perdades o seu traballo e o amor que lle poñen...
Grazas tamén ó noso bispo, que se implicou no tema e ata deu unha introdución musical ao evento, e aos meus compañeiros de Pastoral Xuvenil... un exitazo a conservar!!
Esta foi a fan page que fixemos despois (ou como se diga...)
Póñovos as ligazóns ás súas webs para que os coñezades...
a ver se o ano que vén temos tamén cantautores católicos galegos e en galego, e "futuras promesas"... que de todo temos!!
Comentarios
Publicar un comentario