Nós somos testemuñas destas palabras e tamén o Espírito Santo - Feit 5, 27b-32. 40b-41
Domingo 3 de Pascua - ciclo C
DESDE
QUE TI TE FUCHES
Desde que Ti te fuches non temos pescado nada.
Levamos
vinte séculos botando inutilmente
as
redes da vida, e entre as súas mallas
só
pescamos o baleiro.
Imos
queimando horas e a alma segue seca.
Volvémonos estériles o mesmo que unha terra
cuberta
de cemento.
Estaremos
xa mortos?
Desde
fai cantos anos non nos rimos?
Quen
recorda a última vez que amamos?
E unha tarde Ti volves e disnos:
« Bota a rede á túa dereita, atrévete de novo
a confiar,
abre a túa alma, saca do vello cofre
as novas ilusións, dálle corda ao corazón,
érguete e camiña».
E facémolo só por darche gusto.
e, de súpeto, as nosas redes desbordan
alegría,
resucítanos o gozo e é tanto o peso de amor
que recollemos, que a rede rómpesenos
cargada de cento cincuenta esperanzas.
Ah, Ti, fecundador de almas: achégate á nosa
beira,
camiña sobre a auga da nosa indiferenza,
devólvenos, Señor, á túa alegría
José Luís Martín Descalzo
Comentarios
Publicar un comentario