Domingo 4 de Pascua - ciclo C
DOMINGO IV DE
PASCUA -
CICLO C
Primeira Lectura Feit 13, 14. 43-52
LECTURA DO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Velaquí, volvémonos aos xentís
Naqueles
días, Paulo e mais Bernabé chegaron a Perxe, e seguiron a Antioquía de Pisidia.
Un día de sábado entraron na sinagoga e sentáronse.
Moitos
xudeus e prosélitos practicantes foron con Paulo e Bernabé, que, falando con
eles, os animaban a perseverar na graza de Deus.
Para
o outro sábado xuntouse case toda a cidade para escoitar a palabra de Deus,
pero os xudeus enchéronse de envexa ao veren tanta xente, e opoñíanse con
insultos ao que Paulo dicía. Entón Paulo e Bernabé dixeron ousadamente:
‑Tiñamos
que anunciarvos a palabra de Deus primeiro a vós; pero, visto que a refugades e
non os considerades dignos da vida eterna, volvémonos cara aos pagáns; pois
así nolo mandou o Señor: Púxente como luz das nacións, para levares a salvación
ata os confíns da terra.
Os
pagáns, sentindo isto, enchíanse de alegría, loando a mensaxe do Señor; e
creron todos os que estaban destinados á vida eterna. Deste xeito a palabra de
Deus espallábase por toda a bisbarra.
Pero
os xudeus encirraron ás señoras de alta categoría que eran devotas e aos principais
da cidade e promoveron unha persecución contra Paulo e Bernabé, expulsándoos do
seu territorio.
Estes,
sacudindo contra eles o po dos seus pés, marcharon para Iconio, mentres os
discípulos ficaban cheos de alegría e do Espírito Santo.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 99, 2. 3. 5
R/. (3c): Nós somos o seu
pobo, ovellas do seu rabaño.
Ou: Aleluia.
Aclama ao Señor, terra enteira,
servide o Señor con alegría,
entrade á súa presenza con gritos de xúbilo.
Sabede que o Señor é Deus,
que El nos fixo e que somos del,
que somos o seu pobo,
as ovellas do seu rabaño.
Porque o Señor é agarimoso,
a súa misericordia dura por
sempre,
a súa fidelidade, de xeración en
xeración.
Segunda Lectura Ap 7, 9. 14b-17
LECTURA DO LIBRO DA APOCALIPSE
O Año será o seu pastor e levaraos
ás fontes de auga
Eu,
Xoán, mirei e vin un mundo de xente que ninguén era capaz de contar, de todas
as nacións, tribos, pobos e linguas, en pé diante do trono e do Año. Vestían
roupa branca e levaban ramallos de palma nas mans.
E
díxome un dos anciáns: "Estes son os que veñen de pasar as súas grandes
penas; lavaron os seus vestidos e branqueáronos co sangue do Año.
Por
iso están diante do trono de Deus,
e adórano día e noite no seu
santuario.
E quen está sentado no trono
chantará a súa tenda cabo deles.
Non
terán máis fame nin sede,
nin caerá endexamais sobre eles o
sol,
nin ningunha queimadura del.
Porque
o Año, que está no medio do trono, será o seu pastor,
levaraos ás fontes de auga
e Deus enxugará dos seus ollos
toda bágoa".
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Xn 10, 14
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Eu son o bo pastor, di o Señor;
coñezo as miñas ovellas e elas
coñécenme a min.
Aleluia.
Evanxeo Xn 10, 27-30
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Eu doulles a vida eterna ás miñas
ovellas
Naquel
tempo, díxolles Xesús aos fariseos:
As
miñas ovellas escoitan a miña voz: eu coñézoas e elas séguenme; eu doulles vida
eterna, e non se perderán para sempre: ninguén mas quitará da man.
Meu
Pai, que mas deu, é máis ca todos, e ninguén pode repañalas da man do Pai. Meu
Pai e mais eu somos un.
Palabra do Señor R/.
Loámoste, Cristo
·
ENTRADA:
·
ASPERSIÓN:
A
auga do Señor
·
LECTURAS:
·
OFERTORIO:
·
COMUÑÓN:
Ide e pregoade
EVANXEO DO DÍA DRAMATIZADO (PARA NEN@S)
EVANXEO DO DÍA DRAMATIZADO (PARA NEN@S)
IV DOMINGO PASCUA - CICLO C
(Música suave .
Catro nenos ou nenas estás sentados entre o público. Entra o narrador e
diríxese a todos con forza e expresividade. Música suave de fondo)
XOÁN: Ola
amigos! Eu son o evanxelista. Xoán e vou contarvos algo que ocorreu en
Xerusalén durante a festa da Dedicación do Templo.
PÚBLICO: Ola, Xoán! Podes dicirnos que festa era esa?
XOÁN: Era
unha festa que estableceron Xudas Macabeo e os seus irmáns polo ano 164 antes
de que Xesús nacera.
PÚBLICO: E por que puxeron esa festa?
XOÁN: Era
a festa da purificación do Templo porque os sucesores de Alexandre Magno
conquistaron, saquearon e profanaron o templo de Xerusalén.
PÚBLICO E que fixeron os que conquistaron o templo?
XOÁN: Sacaron os costumes xudeus e impuxeron o
culto a Xúpiter olímpico.
PÚBLICO Os xudeus enfadaríanse moito, verdade?
XOÁN: Dende
logo! Pero se seguides a facerme preguntas non poderei rematar de contarvos o evanxeo de hoxe.
PÚBLICO: Vale!
Xoán, xa non te interrompemos máis. Cóntanos o evanxeo.
XOÁN: Dicía
que se estaba a celebra a festa da Dedicación do Templo. Era inverno, cara a metade de decembro. Xesús paseábase no templo
polo pórtico de Salomón. Os xudeus rodeárono e preguntáronlle. Escoitade.
(Comparece Xesús, seguido polos xudeus e xudías. Xoán
retrocede cara o fondo do altar. Fin da música suave).
XUDEO 1: (Impaciente) Canto tempo vas agardar para dicírnolo?
XUDEO 2: (Esixente) Fala dunha vez?
XUDEO 3: Si, si, di dunha vez quen es!
XESUS: (Apesarado) Díxenvolo pero non o
credes,
XUDEO 4: Quen dá testemuño de ti?
XESÚS: As obras que fago.
XUDEO 5: En nome de quen as fas?
XESÚS: (Solemne)
No nome do meu Pai que está nos Ceos,
XUDEO 1: (Molesto) É mentira ti non es o fillo de Deus.
XUDEO 2: Nós non cremos en ti.
XESUS: (Categórico) Porque vós non sedes as
millas ovellas.
XUDEO 3: Explícate. Veña. Explícate.
XESUS: As
miñas ovellas escoitan a miña voz e eu coñézoas e elas séguenme
XUDEO 4: E
ti que lle dás a esas ovellas?
XESUS: A Vida Eterna.
XUDEO 5: (Irónico) Seguro que esas ovellas
morren coma todas.
XESUS: (Tallante) Non morrerán e ninguén as
afastará de min.
XUDEO 1: Por que estás tan seguro?
XUDEOS: Quen che deu esas avellas?
XESUS: (Lento
e moi forte) Esas ovellas deumas o meu Pai e ninguén pode apartalas da súa
man, porque eu e o Pai somos un.
Comentarios
Publicar un comentario