QUE É A PASCUA?


O tempo pascual comprende cincuenta días (en grego = "pentecoste", vividos e celebrados como un só día: "os cincuenta días que median entre o domingo da Resurrección ata o domingo de Pentecoste hanse de celebrar con alegría e xúbilo, coma se tratásese dun só e único día festivo, como un gran domingo" (Normas Universais do Ano Litúrxico, n 22).

O tempo pascual é o máis forte de todo o ano, que se inaugura na Vixilia Pascual e celébrase durante sete semanas ata Pentecoste. É a Pascua (paso) de Cristo, do Señor, que pasou o ano, que se inaugura na Vixilia Pascual e celébrase durante sete semanas, ata Pentecoste. É a Pascua (paso) de Cristo, do Señor, que pasou da morte á vida, á súa existencia definitiva e gloriosa. É a pascua tamén da Igrexa, o seu Corpo, que é introducida na Vida Nova do seu Señor por medio do Espírito que Cristo lle deu o día do primeiro Pentecostés. A orixe desta cincuentena remóntase ás orixes do Ano litúrxico.

Os xudeus tiñan xa a "festa das semanas" (ver Dt 16,9-10), festa inicialmente agrícola e logo conmemorativa da Alianza no Sinaí, ao cincuenta días da Pascua. Os cristiáns organizaron moi pronto sete semanas, pero para prolongar a alegría da Resurrección e para celebrala ao final dos cincuenta días a festa de Pentecoste: o don do Espírito Santo. Xa no século II temos o testemuño de Tertuliano que fala de que neste espazo non se xaxúa, senón que se vive unha prolongada alegría.


A liturxia insiste moito no carácter unitario deste sete semanas. A primeira semana é a "oitava de Pascua", na que xa por tradición os bautizados na Vixilia Pascual, eran introducidos a unha máis profunda sintonía co Misterio de Cristo que a liturxia celebra. A "oitava de Pascua" termina co domingo da oitava, chamado "in albis", porque ese día os recentemente bautizados depuñan noutros tempos os vestidos brancos recibidos o día do seu Bautismo.

Dentro da Cincuentena celébrase a Ascensión do Señor, agora non necesariamente aos corenta días da Pascua, senón o domingo sétimo de Pascua, porque a preocupación non é tanto cronolóxica senón teolóxica, e a Ascensión pertence sinxelamente ao misterio da Pascua do Señor. E conclúe todo coa doazón do Espírito en Pentecoste.

A unidade da Cincuentena queda tamén subliñada pola presenza do Cirio Pascual acendido en todas as celebracións, ata o domingo de Pentecoste. Os varios domingos non se chaman, como antes, por exemplo, "domingo III despois de Pascua", senón "domingo III de Pascua". As celebracións litúrxicas desa Cincuentena expresan e axúdannos a vivir o misterio pascual comunicado aos discípulos do Señor Xesús.

As lecturas da Palabra de Deus do oito domingos deste Tempo na Santa Misa están organizados con esa intención. A primeira lectura é sempre dos Feitos dos Apóstolos, a historia da primitiva Igrexa, que no medio das súas debilidades, viviu e difundiu a Pascua do Señor Xesús. A segunda lectura cambia segundo os tres ciclos: a primeira carta de San Pedro, a primeira carta de San Xoán e o libro da Apocalipse.

Comentarios

Publicacións populares