Estiven morto, e velaquí vivo por sempre eternamente-Ap 1, 9-11a. 12-13. 17-19
Domingo 2 de Pascua - ciclo C
LEDICIA PASCUAL
Neste día de festa e vida,
amigos todos,
poñámonos a cantar,
atrás quedan os desertos,
as tristuras e o mal,
renazamos todos xuntos,
solos non imos estar.
Xesús camiña connosco
para buscar a verdade,
veñan luces, canto e flores,
a festa xa comezou.
Poñámonos en camiño,
é tempo de espertar.
Chamados a facer todos
forte comunidade,
que volvamos reunirnos,
poñer proxectos a andar,
superemos desalentos
críticas e liortas.
Miremos con ollos limpos,
o futuro que virá,
poñamos nós os alicerces.
Imos todos traballar.
A morte quedou atrás,
comeza unha nova vida.
Con Cristo na liberdade.
O Aleluia aquí está!
Comentarios
Publicar un comentario