Domingo 5 de Pascua - ciclo C
DOMINGO
V DE PASCUA - CICLO C
Primeira Lectura Feit
14, 21b-27
LECTURA DO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Comunicáronlle á Igrexa as
marabillas que Deus realizara con eles
Naqueles
días, Paulo e mais Bernabé volveron para Listra, Iconio e Antioquía,
fortalecendo o espírito dos discípulos e animándoos a perseveraren na fe,
porque – dicíanlles ‑ temos de pasar por moitos traballos para entrarmos no
Reino de Deus. E despois de designarlles presbíteros en cada Igrexa, oraban,
xaxuaban e encomendábanos ao Señor, en quen creran.
Atravesando
a Pisidia, chegaron a Panfilia e, logo de anunciaren a palabra en Perxe,
baixaron cara a Atalía.
De
alí embarcaron para Antioquía, desde onde foran confiados á graza de Deus para
a misión que viñan de cumprir.
Chegando,
reuniron a Igrexa e contaron todo canto Deus fixera con eles e como lles abrira
aos pagáns a porta da fe.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 144, 8-9. 10-11. 12-13ab
R/. (cf. 1): Bendicirei o teu
nome para sempre, meu Deus e meu Rei.
Ou: Aleluia.
O Señor é clemente e compasivo,
tardo á ira e rico en
misericordia.
O Señor é bo para todos,
agarimoso con todas as súas
obras.
Que te loen, Señor, as túas
obras,
e te bendigan os teus amigos.
Que pregoen a gloria do teu
reino,
e falen do teu poder.
Que ensinen aos homes os teus
feitos,
e a maxestade gloriosa do teu
reino.
O teu reino é reino eterno,
o teu goberno dura por todas as xeracións.
Segunda Lectura Ap 21, 1-5a
LECTURA DO LIBRO DA APOCALIPS
Enxugará todas as bágoas dos seus
ollos
Eu,
Xoán, vin un ceo novo e unha terra nova, pois o primeiro ceo e a primeira terra
xa pasaran; e o mar xa non existía.
Tamén
vin que a cidade santa, unha Xerusalén nova, baixaba do ceo de onda Deus,
preparada coma a esposa que está engalanada para o seu esposo. E sentín unha
forte voz que desde o trono dicía:
"Velaquí
a tenda de Deus onda os homes.
Acampará entre eles:
eles serán o seu pobo
e El será o seu Deus e
compañeiro.
Enxugará
todas as bágoas dos seus ollos,
e a morte xa non existirá máis.
Nin
haberá máis loito nin pranto nin dor,
porque as primeiras cousas
pasaron xa".
O
que estaba sentado no trono dixo: "Vede que volvo novas todas as cousas".
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Xn 13, 34
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Douvos un mandamento novo, di o
Señor;
que vos amedes uns a outros como
eu vos amei.
Aleluia.
Evanxeo Xn 13, 31-33a. 34-35
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Douvos un mandamento novo, que
vos amedes uns a outros
Cando
Xudas saíu do cenáculo, díxolles Xesús:
‑Agora
queda glorificado o Fillo do Home e Deus queda glorificado nel. Se Deus queda
glorificado nel, tamén Deus o glorificará a el e hao glorificar axiña.
Meus
fillos: só un pouquiño estarei convosco.
Douvos
un mandamento novo: amádevos uns a outros; como eu vos amei, amádevos tamén
entre vós.
Nisto
coñecerán todos que sodes os meus discípulos: se vos tedes amor uns a outros.
Palabra do Señor R/.
Loámoste, Cristo
5º Pascua C 2016 : http://remoldapalabra.blogspot.com.es/2016/04/5-pascua-c-2016.html
·
ASPERSIÓN: A
auga do Señor
·
LECTURAS: Douvos
un mandato novo
Comentarios
Publicar un comentario